Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

En nome dun Deus contraditorio

relixion1X. Ricardo Losada. Moito recordo estes días, tras os atentados de París, e os innumerables artigos que levo lido, os meus anos de instituto. Anos setenta, España abríase á democracia, e os profesores máis progresistas cambiáronnos completamente o discurso. Prognosticaban que a relixión, iso que (des)orientara as nosas curtas vidas, acabaría desaparecendo co avance da ciencia, ou como dicía Marx, coa eliminación das clases sociais. Seguir lendo En nome dun Deus contraditorio →

Quen fose oiticica

oiticica1X. Ricardo Losada. Cóntame unha veciña que o fillo suspendeu Debuxo en Aparelladores porque estaba debuxando ao aire libre nun parque da Coruña e choveulle no papel. Recórdame o caso dun famoso pintor. Ía pola rúa cunha carpeta de debuxos na man para mostrarllos ao profesor e comezou a chover. Como non tivo tempo a resgardarse, a chuvia empapou os debuxos. Aínda así, ao profesor encantáronlle, e o alumno creou un novo estilo pictórico. A muller de Paulo Coelho, Christina Oiticica, ten unha forma moi curiosa de pintar. Enterra os cadros para pintalos a dúas mans coa propia natureza. Seguir lendo Quen fose oiticica →

O abusón entre o centeo

salinger1X. Ricardo Losada. Creo que a todos os lectores nos decepcionou algunha vez un libro que a maioría de críticos considera unha obra mestra. A min pasoume varias veces pero poucas me doeu tanto como con O gardián entre o centeo de J.D. Salinger xa que é un libro que moitos profesores de Filosofía e Literatura utilizan con éxito en clase, e non é fácil atopar lecturas que cheguen aos alumnos. Seguir lendo O abusón entre o centeo →

Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande

portadaX. Ricardo Losada. O poemario de X.L.Franco Grande Xoguetes do tempo comeza cunha cita de Ovidio: “Tempus edax rerum”. Unha cita que xa nos dá dous indicios importantes sobre o libro. Primeiro, o tema: unha persoa a piques de cumprir 80 anos reflexiona sobre a morte. Segundo, o ton e o clima: puro clasicismo. Porque aínda que Franco Grande coñece e utiliza con rigor e audacia técnicas poéticas do século XX, non renuncia á mellor calidade da poesía grecolatina: respectar a linguaxe como unha arma de comunicación e precisión, de busca da verdade que se quere expresar e compartir. Nin espaventos nin manierismos nin metáforas e imaxes sorprendentes. Franco Grande prefíreas gastadas, pero, aínda así (o que só os grandes poetas poden conseguir), fainas brillar. Seguir lendo Xoguetes do tempo, de X.L. Franco Grande →