Arquivo da categoría: Román Arén

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVII. Pedro de Padilla

cancionero-padillaRomán Arén. Pedro de Padilla nacera en Linares en 1550, foi cabaleiro do hábito de Santiago e en 1580 editou o Tesoro de varias poesías, en 1582 as Eglogas pastoriles e en 1583 o Romancero. En 1585 fíxose carmelita calzado e publicou Jardín espiritual. Non hai acordo sobre a data da súa morte, pois uns anotan 1595 e outros, 1600 en Madrid. É tamén famoso como tradutor e porque o alude Cervantes no capítulo IV do Quixote, no famoso episodio do expurgo da biblioteca de Alonso Quijano. En 2008 José L. Labrador Herraiz e Ralph A. Difranco editaron en Guadalajara o Thesoro de varias poesías, pero xa Fredo Arias de la Canal editara en 2006, en México, unha Antología del Romancero de Pedro de Padilla. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVII. Pedro de Padilla

Todos os nomes. Identidade, pobo, país

O Andel. Todos_os_nomesRomán Arén. O día 11 de decembro de 2021 ingresaba como numeraria Anabel Boullón na Real Academia Galega na Pobra do Caramiñal, a súa vila natal, e lugar da más dura, agresiva e duradeira polémica toponímica de Galicia. O Partido Popular defendeu con agresividade a forma castrapizante Puebla del Caramiñal, mentres que o BNG defendeu a forma Póvoa, ignorando con suficiencia a documentación medieval. O Tripartito actuou con covardía e deixou soa a A. C. A Miserela na defensa do verdadeiro topónimo Pobra. Seguir lendo Todos os nomes. Identidade, pobo, país

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVI. Francisco Sá de Miranda

Francisco_sá_de_miranda-1885-bnpRomán Arén. Nos séculos XVI e XVII non foi infrecuente que os poetas portugueses rimasen tamén en castelán, a miúdo glosando cancións populares (vilancetes). Isto ocorreu xa antes do período dos Filipes, cando as dúas coroas estiveron representadas polo mesmo rei. Bastarían os nomes de Gil Vicente e de Luis de Camoes como exemplo, deixando fóra os autores portugueses establecidos na corte española e que empregaron case unicamente o castelán como lingua literaria. A estes nomes ilustres debe unirse o de Francisco Sá de Miranda, que cumpre en Portugal o papel de Juan Boscán en España: introducir a poesía italiana. Miranda naceu en Coímbra arredor de 1480-1481 e morreu en Quinta de Tapada en 1558. Como introdutor da métrica italiana na lingua portuguesa escribiu sonetos, églogas, epístolas e himnos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVI. Francisco Sá de Miranda

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.

la-segunda-salida-de-santa-teresa-de-jesusRomán Arén. Na orixe, o vilancico, que vén de vilán, é unha canción popular, de entre tres e cinco versos, con temática profana que logo os poetas cultos glosan por medio dunha estrutura que parte do mote popular, ao que se engaden as mudanzas, un verso de enlace e un verso de volta ou retrouso que rima co vilancico popular. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.