Arquivo da categoría: Román Arén

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia

ae2214fdade622b8c1f57828b351aa2aRomán Arén. Foi Teodosio Vesteiro Torres o primeiro que, no século XIX, puxo a atención nun poema de Frei Diego de Valencia dirixido a Vasco Lopes, en realidade a Vasco Pérez de Camôes, pretenso pai do autor d’Os Lusiadas, que na Crónica de Juan I figura como galego, o mesmo que no Cancioneiro de Baena. Cren algúns, erroneamente, que o apelido Camôes é corrupción de Caamaño. Tamén o Marqués de Santillana cita este Vasco de Camôes, do que non conservamos obra, mais si a “pregunta” que lle dirixe Diego de Valencia, da que amoso un fragmento: Vasco Lopez, amigo, Dios vos consuele,/e mas vos ensalce e onrra e bien/que vos me digades de qual parte vien/desir siempre ¡ay! E nada non duele. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia

Outra volta ao Hamlet

O Andel. A_vinganza_de_Fortimbras. imaxeRomán Arén. Francisco A. Vidal é coñecido, sobre todo, como narrador, xornalista e etnógrafo, mais tamén cultiva o teatro, xénero no que publicou A serea (2006). Vén agora de gañar o III Premio Laudamuco, con A vinganza do señor Fortimbrás, e une o seu nome a Xavier Lama e Raúl Dans, anteriores ganadores. A partir dunha lenda nórdica, Vidal dálle unha reviravolta a un mito, Hamlet, é dicir, a Shakespeare e ao noso Cunqueiro. O xurado sinalou que a relectura de Vidal dá o protagonismo aos personaxes secundarios, o que enriquece a lenda. Vinganza, sexo e poder son as forzas principais da acción. A trama amosa un Elsinor que vai camiño da destrución do reino e que esa caída non vén polas armas senón polas artimañas que empregan o medo Seguir lendo Outra volta ao Hamlet

Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez

EyT3BvgWEAEOVfeRomán Arén. O noiés Manuel López Rodríguez (1978) gañou o II Premio de Poesía Eduardo Pondal con este breve poemario de vinte e cinco “sagrados”, outorgado por un prestixioso xurado formado por Luciano Rodríguez, Teresa Seara, Miguel A. Mato Fondo, Monteserrat Yoldi e Xulio López Valcárcel. Membro do Colectivo Sacou, fotógrafo, pintor e editor, é autor doutros poemarios como Rompe ou Desde onde non nace e gañador de premios como o López Ardeiro, o Concello de Carral ou o Suso Vaamonde. A unha temática amorosa inicial, non lonxe de certo neorromanticismo (“Voando arredor túa; amándote tanto, penetrando na / porosidade da vestimenta…” Seguir lendo Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez