Eme Cartea. A morte das vangardas, coa súa carga lineal de progreso ilimitado e utopía social, dá paso aos posmodernismos, espazos artísticos onde a arte se fai presente sen renuncias ao pasado. Pincelada en liberdade, reflexo dunha sociedade varia e complexa, mais exenta de ímpeto liberador. A plasticidade ao servizo do lenzo, nun buscado equilibrio entre tradición e innovación, que renuncia aos grandes ideais, nun retorno, talvez, da pintura pola pintura. Seguir lendo Manuel Teira, pintor de universos líquidos
Arquivo da categoría: Eme Cartea
Isabel Rego: A metáfora das pegadas

Eme Cartea. Considérase a fotografía como a imaxe obxectivada da realidade. Pero a máquina non exime do compromiso de dicir esteticamente. Nin mesmo é necesaria. A máquina é o medio que capta un instante fugaz para dotalo de significación. É o telescopio que descubre novos universos onde o que importa son os universos. Seguir lendo Isabel Rego: A metáfora das pegadas
Colo materno, de Nuco, escultor rianxeiro
Eme Cartea. Introduzo a Nuco, escultor rianxeiro, con dous versos de Ferrín: “O artista é aquel / que se resiste á morte”. E fágoo perante un homo que reúne na súa persoa os tres cualificativos primixenios que nos definirían como humanos: faber, sapiens e ludens. Afirmo que Nuco traballa con afán; Nuco reflexiona, recrea e transforma a realidade; Nuco goza co que fai. E engado: é certo!
Unha situación privilexiada, si, pero que hai que gañar. Con dous pés, un na terra e outro no mar, un día bota a andar as súas mans de artista, xa serodiamente. Seguir lendo Colo materno, de Nuco, escultor rianxeiro
Charles Bukowski, Os praceres do condenado
Eme Cartea. Charles Bukowski, novelista e poeta estadounidense, nace en Alemaña en 1920. Con tres anos parte con seus pais para EE.UU e residirá case sempre en Los Ángeles (onde morre en 1994), cidade talismán que exerce unha poderosa influencia na súa obra.Escritor prolífico, polémico, cualificado por algúns como o representante do”realismo sucio”, por outros do “naturalismo burlesco”, e mesmo emparentado coa Xeración Beat. É, sobre todo, un autor independente.Un “minimalista” sobrio, conciso e preciso. E mesmo en poesía, os seus personaxes son vulgares e correntes, cheos de contradicións. Seguir lendo Charles Bukowski, Os praceres do condenado