Arquivo da categoría: Eme Cartea

O astrólogo. Abstracción do artista Alfonso Costa

Astrologo_Alfonso_Costa_02Eme Cartea. Alfonso Costa, un artista  apaixonado e xeneroso, sensible, exhumador de mitos, plural en calideces, versátil, soñador heteroxéneo de utopías, sutil fabulador de mundos intuídos, virtuoso, tenazmente fantasioso, con pólvora e magnolias na man, ecléctico, irónico, transgresor de cicatrices, optimista irredento, atlántico impetuoso, omnímodo, surracionalista (sic), caligráfico, universal por galego. Cualificativos todos biblo(bio)gráficos confeitados de admiración e autenticidade. Percorreu  o esgrevio camiño da perfección, sempre “costento”, bebendo dos -ismos- que o fixeron merecedor do laico olimpo da fama: Seguir lendo O astrólogo. Abstracción do artista Alfonso Costa

Torres, de Mónica Ayaso

Colaxe, técnica mixta sobre chapa mariña
Colaxe, técnica mixta sobre chapa mariña

Eme Cartea. Composición en tríptico (xunto con Fortaleza e Castelo) que podemos cualificar de surrealismo figurativo. Dúas «torres» diversas que emerxen en paralelo dunha construción compacta que parece flotar, maciza, sobre un escenario con fondo e fronte agrisados. Inmersos na multiplicidade plástica do posmodernismo, en Mónica Ayaso cúmprese o lema gothiano de que «a arte segue a ser arte», e lógrao empuñando as armas pictóricas do sempre anovado movemento surrealista para, a través da libre elección e manipulación de formas, materiais e estilos, favorecer un locus propio de invención e creación permanentes. Seguir lendo Torres, de Mónica Ayaso

Elena Fernández, pintora veraz

ElenaEme Cartea. Abordamos aquí unha obra de Elena Fernández. E facémolo admirando o primeiro plano dun rostro con ombros espidos, apreixado á xusta distancia onde a intimidade se fai confidencia. O retrato, xénero de longas raizames, por definición ten que ser fisionómico. Pero hoxe é común que tente reflectir a psicoloxía do personaxe e mostrar o seu mundo oculto. Neste caso, a exquisita técnica de Elena, que se enfronta ao lenzo sen preámbulos, logra captar con mestría esa íntima interacción de mirada e sorriso, que fai aflorar ao rostro toda a intensidade sentimental do modelo. Troppo vero!, que diría o outro. Seguir lendo Elena Fernández, pintora veraz

Sendas de Oku, de Matsúo Basho

Sendas de OkuEme Cartea. O 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía (e da árbore), proclamado pola UNESCO en 1999, co principal obxectivo de: “soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e darlles, aos que están ameazados, a oportunidade de se expresaren nas súas respectivas comunidades”.
En Café Barbantia queremos facerlle a nosa homenaxe falando do haiku, ese poema breve (5-7-5 sílabas), que nos vén da cultura xaponesa. Debemos a Matsúo Basho (1644-1694) forma, fondura e expresividade: a breve pincelada dunha escena, unha combinación de imaxes de algo que está a suceder neste lugar, neste momento. A instantánea de algo anódino en aparencia, que vemos e nos impresiona. Seguir lendo Sendas de Oku, de Matsúo Basho