Eme Cartea. A arte, consubstancial ao ser humano dende as máis afastadas cavernas, é un magnífico medio de expresión emocional e afectivo e, nas crianzas, fundamental «para o seu proceso mental, perceptivo e afectivo, a progresiva toma de consciencia persoal e social e para o seu desenvolvemento creador». Seguir lendo I.ria (Santos Rodríguez). A linguaxe da forma e da cor
Arquivo da categoría: Eme Cartea
Ainara Fernández Lojo. A precocidade artística

Eme Cartea. De dominio común é que a arte é un proceso esencial no desenvolvemento da capacidade intelec-tual e creativa da humanidade. A canle de transmisión de ledicias e medos, de pensamentos e emocións, e un privile-xiado medio de aprendizaxe conceptual e simbólico na nenez. Proceso no que se aprende a sentir, a pensar, a percibir e a interactuar co contorno. En definitiva: a ser, integralmente. Seguir lendo Ainara Fernández Lojo. A precocidade artística
Pinturas de Paco Casal
Eme Cartea. Paco Casal, pintor ferrolán asentado en Aguiño, aprende o amor á pintura da súa familia, que dende o 2010 exerce 25 horas ao día.
Debuxo, acuarela, pastel, óleo, acrílico… Nada lle é alleo a este recreador de paisaxes tiradas da súa Galicia cordial, ficticia e real, máxica e supersticiosa, interior e marítima, poética e metafórica. Unha Galicia que dura e non pasa. Seguir lendo Pinturas de Paco Casal
Esculturas de Robustiano Losada Romero: NUCO
Eme Cartea. Como un novo Adrián Solovio rianxeiro, Nuco insírese na polifonía plural e social dun pobo que conformou a súa historia de retallos herdados e ás veces impostos dende dentro e dende fóra. Un pobo que se abre por necesidade e regresa por amor, para aquí reiniciar un proceso de autoafirmación persoal e colectiva, dende a esperanza á redención, do si ao nosoutros identificatorio.
Sobrio de estilo, vitalista e apaixonado do seu e dos seus, interésase pola pintura, a fotografía e a literatura, pero é a escultura a súa gran paixón (600 pezas o contemplan), que nace e se aviva nas súas enriquecedoras viaxes ao redor do mundo. Seguir lendo Esculturas de Robustiano Losada Romero: NUCO