Gonzalo Trasbach. Segundo conta a lenda, logo de recibir o Booker Prize pola súa novela G, John Berger (Inglaterra, 1926) deu a metade do premio (5.000 libras da época) aos Panteras Negras, e investiu a outra metade nun proxecto a medias co fotógrafo Jean Mohr (Suiza, 1925). De aí xurdiu Un sétimo home (Capitán Swing), un traballo que antes de converterse en libro quixo ser película, pero que por falta de recursos acabou nun volume cuxos capítulos preséntanse coma as secuencias dunha cinta. Segundo o poeta húngaro Attila Jozsef (1905-1937), os sufrimentos do home sempre se multiplican por sete (abrirse camiño na vida, loitar pola existencia, atopar muller e mesmo morrer…). Seguir lendo Un sétimo home, de John Berger
Arquivo da categoría: Fotografía
Pasarela
María Xesús Blanco. Sempre mira a fotografía con tristeza. Faille lembrar o mexer inquedo do océano prendido embaixo da pasarela. Había pouco tempo que a puxeran. El, que tantas veces aloumiñara o van da duna. Que percorrera cada grao minúsculo de area, cada ruído salgado sen outro límite que as engurras do vento. Seguir lendo Pasarela
Curro
Carlos Mosteiro. É nas Canizadas. No Curro das Canizadas, na Curota pobrense. Pero iso non importa. Porque a imaxe, como todas as imaxes, como nos amosou Roland Barthes, transcende, fálanos, chama pola mirada. Non quero homenaxear o que hai aquí de festa, de tradición, de mistificación da violencia metamorfoseada en amor antropolóxico. Non. A mirada é outra. Se hai beleza neste acto, non está na tensión agonística dos homes que se aplican no mandato ancestral de sometemento. Seguir lendo Curro
Cuba, doce e soturna, de Miguel Sande
Xerardo AgraFoxo. Este fermoso libro, perdido nos andeis da miña biblioteca durante unha década, foi publicado por Edicións Laiovento no ano 1994. Nel cóntase as fondas impresións que lle produciu ao autor a máis grande das Antillas durante as dúas viaxes que realizou alí nos anos 1991 e 1992. A obra –105 páxinas– divídese en catro partes: Na primeira, que acada a maior parte do volume, conta as súas peripecias durante o periplo que fixo pola illa entre o 10 de novembro de 1991 e o 22 do mesmo mes. No segundo, que apenas conta con cinco páxinas narra a segunda viaxe realizada un ano despois. A terceira parte é un exhaustivo e dramático informe sobre o ESTADO DE SAÚDE DOS GALEGOS EN CUBA. Un breve apéndice de imaxes, realizadas polo fotógrafo Delmí Álvarez, pecha o libro. Seguir lendo Cuba, doce e soturna, de Miguel Sande