Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Jandul, de Jontxu Argibay

A escultura está exposta na Sociedade Liceo de Noia FOTo M. CREO
A escultura está exposta na Sociedade Liceo de Noia FOTo M. CREO

Antonio Piñeiro. Este Jandul é un dos temas que Jontxu Argibay está a presentar na sala de mostras da Sociedade Liceo de Noia, nun grupo de doce pezas producidas en distintas datas, materiais (madeiras, aglomerado, febra) e técnicas, pero cuxo punto en común, coido, está na pescuda do signifi-cado/significados. Seguir lendo Jandul, de Jontxu Argibay

Viaxe á última Revolución, de Xerardo AgraFoxo (II)

viaxe-a-ultima-revolucionAntonio Piñeiro. A literatura de viaxes ten esa dobre valencia da estadía narrada e da transportación que o lector experimenta ao lela. Adoitamos opinar que a literatura de viaxes acolle algúns dos mellores referentes da literatura universal. Xerardo AgraFoxo sábeo e decide espremer desta volta as posibilidades do xénero nun escenario quizais propicio coma ningún: o espazo cubano, definido tantas veces -algunhas delas recollidas tamén no libro- xeograficamente coma o paraíso. Xerardo transpórtanos ao espazo e ao tempo por medio dunha crónica que non queda nesas dúas cousas, senón que vai tamén ás paisaxes humanas, ao pensamento das xentes Seguir lendo Viaxe á última Revolución, de Xerardo AgraFoxo (II)

Todo canto fomos (II), de Xosé Monteagudo

todoAntonio PiñeiroDo que teño lido, e tamén das veces que teño estado e falado con Xosé Monteagudo, sempre saquei o feixe de impresións que veño de corroborar na súa nova achega. Unha forte personalidade literaria, unha admirable capacidade de penetración, un sentido panorámico que o distingue particularmente, o mesmo ca a paciencia no proceso compositivo, a narratividade, a envergadura do traballo, a profundidade, a densidade, a precisión, a imbricación, a potencia, a capacidade de visualización, a documentación e a capacidade de resolución. Seguir lendo Todo canto fomos (II), de Xosé Monteagudo

O espello do mundo, de Ramón Nicolás

espelloAntonio Piñeiro. Ramón Nicolás, autor da man do que nos temos achegado tanto e tan ben ao coñecemento da literatura galega contemporánea, pon un pé, c’O espello do mundo, nesa outra beira da escrita: a da práctica narrativa. Veño de rematar a lectura do libro e decátome de que o fai con indubidable firmeza. Non sei se nalgún momento lle preguntarán iso do entrar noutra etapa, nin o que el, de ser o caso, responderá, mais o que si que me parece é que se engadiu un robusto puntal para o edificio literario galego. El mesmo, con ese -permítaseme a licenza- pseudocameo escrito do cuarto capítulo, parece insinuárnolo cando di: “… poder escribir, rescatar os rudimentos máis básicos desta nobre arte que me permite deixar aquí os meus pensamentos…” (Pax. 24). Seguir lendo O espello do mundo, de Ramón Nicolás