Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

José Benito Hermida Juanatey: Un pedagogo noiés na Pobra

O Escritor. EL DESPERTADOR DE LA INFANCIAPastor Rodríguez. Nado en Noia en 1850, o mestre Benito Hermida Juanatey desenvolveu toda a súa vida profesional n’A Pobra do Caramiñal. Tras estudar Filosofía e Letras no Seminario de Compostela, abandona os estudos relixiosos para facer maxisterio, acadando na década de 1880 a praza de mestre de primeiras letras n’O Caramiñal, onde casou dúas veces e deu orixe a unha coñecida familia nesa vila. En 1876 publica unha obra pedagóxica, El despertador de la infancia, o sea nuevo y fácil tratado de las tres asignaturas más importantes de la primera enseñanza: Historia Sagrada, Gramática y Aritmética, que foi declarada de texto para as escolas polo Consello de Instrución Pública o 19 de marzo de 1886. Seguir lendo José Benito Hermida Juanatey: Un pedagogo noiés na Pobra

O historiador de Palmeira

José_Álvarez_CastreloPastor Rodríguez. Licenciado en Historia, Xosé Álvarez Castrelo naceu en Palmeira en 1958. No ano 1985 publicou un rigoroso traballo de investigación co título Síntesis histórica de Palmeira, obra dividida en tres partes: a primeira está dedicada ao século XVII, a segunda ao século XVIII e a terceira á primeira metade do século XIX. Neste libro estuda a sociedade, a economía e a demografía de Palmeira, pero tamén a vida cotiá e o mundo espiritual desta parroquia de Ribeira; engade, ademais, a relación de homes ao servizo da Real Armada e a hidrotoponimia da freguesía. Seguir lendo O historiador de Palmeira

Un facendista de Porto do Son

pastor2Pastor Rodríguez. Foi Clodio González Pérez quen deu noticia e estudou a figura de Román Rosendo Martínez Blanco, nado en Porto do Son o 29 de febreiro de 1776, e coñecido como Román Martínez de Montaos, quen foi figura de importancia nas Cortes de Cádiz que darán orixe á Constitución liberal de 1812. Estudara cos franciscanos de Santo Antonio do Xobre, n’A Pobra do Caramiñal e logo na universidade de Compostela cando contaba con 22 anos. En 1805 ingresa na administración pública e, nese ano, redacta a obra Memoria sobre las minas de oro, plata, estaño, cobre y plomo, mentres que de 1809 data o manuscrito Extracto del Ensayo Político acomodado a la actual situación de España. Seguir lendo Un facendista de Porto do Son

Un terapeuta de Ribeira do século XIX

terapuetaPastor Rodríguez. Nacido en Ribeira o 17 de outubro de 1784, Manuel Jacobo Fernández Mariño foi doutor en Medicina pola Central de Madrid en 1808 e especializouse en hidroterapia, sendo médico titular de Caldas de Reis en 1812, onde contribúe a crear o balneario Acuña. Nas primeiras oposicións a médicos de augas en 1817 obtén a praza como médico director de Caldas de Reis e Baños de Cuntis, e en 1827 logra a Cátedra de Terapéutica Xeral e Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Pero en 1841 abandona a dirección dos balnearios por incompatibilidade coa súa cátedra. Seguir lendo Un terapeuta de Ribeira do século XIX