Pastor Rodríguez. Nacido en 1950, José Antonio Ventoso Mariño é licenciado en Historia, fundador dunha revista pioneira na nosa comarca, Estudios Sociais do Barbanza, da que foi codirector con Jesús Pérez Besada, na que publicou traballos como O mercado de traballo no Barbanza (Nº. 1, 1992), aínda que a súa obra ensaística máis destacada é A estructura da xerarquía galega entre 1923 e 1936. Profesor de ensino medio na súa vila natal, é autor de estudos políticos de grande interese como Galicia en terra allea (1997), aos que une varios libros dedicados ao mar e os seus homes, cheos de noticias etnográficas de valor e dun gran coñecemento da costa do Barbanza, ademais dun riquísimo vocabulario, entre os que destacan Os señores do mar (2002), As xentes da ría (2002), As sombras dos mortos. Seguir lendo Ventoso Mariño, escritor e narrador de Ribeira
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Jaime del Valle-Inclán. Testemuña dos campos de concentración franceses. La ronda (1942)
Pastor Rodríguez. Nado na Pobra en 1922, aos tres anos marchou a Roma con seu pai, o autor da Sonata de otoño, e con só dezaseis anos alistouse como voluntario no Batallón de Milicias Populares Galegas, ao mando de Enrique Líster. Coa derrota republicana cruzou a fronteira e foi internado no campo de concentración de Saint Cyprien, do que deixou testemuño neste cadro de 1942, La ronda. Grazas a algúns amigos puido saír do campo e establecerse en París pero, ante o avance dos nazis, Pablo Neruda logrou que embarcase no Reina del Pacífico con destino a Chile, país no que se dará a coñecer como pintor, expoñendo ademais en Arxentina, Venezuela e Brasil, axudándolle na supervivencia o seu labor de tradutor. Seguir lendo Jaime del Valle-Inclán. Testemuña dos campos de concentración franceses. La ronda (1942)
Bibliotecario da Universidade de La Habana
Pastor Rodríguez. Nado en marzo de 1903 na Pobra do Caramiñal, Manuel Domínguez Fontán emigrou na súa mocidade á illa de Cuba e na década dos sesenta foi bibliotecario na Universidade de La Habana. Ata épocas recentes nas que apareceron novos estudos, foi o historiador por excelencia da súa vila natal. En 1962 publicou La Puebla del Caramiñal. Un mirador sobre la ría de Arosa, libro presente nas casas de moitos pobrenses e que a Deputación d?A Coruña reeditou en 1987. Aínda que hoxe nos gustaría que citase con máis exactitude as fontes documentais e bibliográficas, é obra que conserva o seu valor na súa visión de conxunto. A obra ten, ademais, o mérito de estar moi ben escrita, con estilo áxil e que logra un sabor especial nas evocacións da terceira parte, a das tradicións e costumes Seguir lendo Bibliotecario da Universidade de La Habana
Sun Zi: A arte da guerra
Pastor Rodríguez. Teófilo edicións pon á disposición dos lectores a versión en galego dun clásico chinés e universal: A arte da guerra, atribuída a Sun Zi (Sun Wu), o libro de estratexia militar máis importante ata a chegada de Clauswitz, que é hoxe lectura non só de militares senón tamén de empresarios e políticos. Ata agora podiamos lelo en versións castelás (feitas a partir de versións inglesas), das que só coñezo a de Albert Galvany para Trotta, a editora madrileña. Seguir lendo Sun Zi: A arte da guerra