
Agustín Agra. Malia a friaxe propia das noites de novembro, agardo pola chegada do tempo anticiclónico. Fágoo coa esperanza de gozar dun ceo despexado da presenza das nubes que o toldan este día. Na vez de cun telescopio, acompaño co móbil as saídas nocturnas á terraza da casa. O emprego dunha simple aplicación (google sky map, de descarga gratuíta) permíteme enredar co intento de recoñecer estrelas e planetas e mitigar unha ignorancia da que non adoecían os nosos devanceiros. Seguir lendo Paisaxe nocturna


