Arquivo da categoría: Ciencia

O xílgaro de Durrell

Agustín Agra. Pouco antes de eu cumprir 12 anos, e ante o incipiente interese que amosaba polas aves, meu avó apareceu pola casa cun agasallo inesperado: unha gaiola, que mercara nun dos postos que os días de feira se establecían na rúa do Curro, cun xílgaro no interior. Porén, a meirande sorpresa foi a de descubrir que o paxaro portaba arredor dunha pata un anel metálico no que aparecía inscrito un código numérico e o enderezo dun zoolóxico da illa de Jersey. Seguir lendo O xílgaro de Durrell →

H2…Oh!!! Pingas científicas

H2 OhhhPilar Sampedro. Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia. Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: “Sabías que os  cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo”.     Seguir lendo H2…Oh!!! Pingas científicas →