Arquivo da categoría: Ciencia

Atmosfera, fervenza

silent_running (2)Oliveira Casal. Na primeira regresión narrativa de Annie Hall, o neno Alvy Singer vai ao médico acompañado da súa nai. Está deprimido e, cando está deprimido, non fai os deberes. A causa: o universo expándese e acabará por estoupar. Iso será o final de todo, explica o cativo absolutamente desinteresado pola vida. A nai, xa ao límite da crise nerviosa, dille que o universo non é asunto seu, e que «Brooklyn está aquí e Brooklyn non se expande». A nivel rexional (ou debería dicir nacional?, terrícola en todo caso), as últimas predicións do astrofísico Stephen Hawking inclúen o temor crecente ante unha guerra nuclear global que facilmente remataría coa civilización sapiens sapiens. Seguir lendo Atmosfera, fervenza

Papá, non son modificable

leonardo da vinciX. Ricado Losada. No último artigo que escribiu Oliver Sacks relata o caso de Walter B., un paciente de 49 anos, que foi sometido a cirurxía para extraer o centro das convulsións epilépticas que sufría no seu lóbulo temporal dereito. Como consecuencia, sufriu cambios físicos e de personalidade moi intensos. Pasou de non ter relacións íntimas, por exemplo, a desenvolver un apetito sexual insaciable. Como a muller non podía satisfacelo, pasaba horas masturbándose, consumía pornografía con frecuencia en internet (mesmo zoofílica) e acabou descargando pornografía infantil, polo que foi detido e xulgado. Varios neurólogos (entre eles Sacks) testificaron ao seu favor: as reaccións estremas que padecía foran provocadas polos danos no sistema central de control que sufrira na operación, e coa medicación que agora tomaba desapareceran. Seguir lendo Papá, non son modificable

A face engaiolante das rochas

Palabras. Imaxe. Xeoformas
A figura dun dinosauro recórtase contra o horizonte en Baroña

Jose Lires. Non cabe dúbida de que os gustos, afeccións ou ocupacións de cada quen xogan un papel fundamental na percepción do medio que nos rodea. Deste xeito, o arquitecto vibra contemplando a correcta integración da súa obra coa contorna, o biólogo felicítase no interior dunha fraga sabedor da importancia coma corredor ecolóxico que ten no ambiente e eu tento ler no territorio a historia íntima das rochas, descubrir a razón do seu aspecto actual, e recrear as distintas paisaxes das que formaron parte. Seguir lendo A face engaiolante das rochas