Arquivo da categoría: Ciencia

Fernando Sande y Lago, un albéitar do século XVIII

Escritor. Sande_Y_Lago. jpgPastor Rodríguez. Sabemos que era natural de Noia porque así o declara na portada da segunda edición da súa obra Compendio de Albeytería, en 1729. Pero poucos máis datos seguros temos da súa vida. Cremos que recibiu unha sólida formación universitaria en Compostela e sabemos que en 1690 estivo presente en Valladolid nas festas celebradas por mor da chegada de María Ana de Neoburgo, a esposa de Carlos II de Austria. A primeira edición do seu grande tratado apareceu en 1717 e a obra é un dos grandes estudos veterinarios do seu século. Pero é algo máis ca iso, pois o libro V da obra é un tratado de mineraloxía, que inclúe, ademais, un estudo das augas minerais que é, case con seguridade, o primeiro feito en España, ou iso asegura Llorente no seu Compendio de bibliografía de la veterinaria española, opinión que repiten Manuel Murguía e Antonio Couceiro Freijomil. Seguir lendo Fernando Sande y Lago, un albéitar do século XVIII

Pedras de raio

Palabras. Pedras de raio. jpgXulio Gutiérrez. A pedra de raio é un fermoso prisma de material cristalino que existe na punta dos raios. Cando un raio impacta coa terra, esta punta afúndese ata uns sete palmos de profundidade. Despois, moi devagar, vai aflorando ata chegar á superficie, a unha velocidade aproximada de un palmo por ano. Cando, pasados sete anos, a pedra agroma, comeza a actuar atraendo as treboadas ata que outro raio impacta sobre ela. Seguir lendo Pedras de raio

Paporrubio do cruceiro

paporrubio 1Xosé Manuel Lobato. Os veciños e veciñas de Pazos teñen un gran motivo para a satisfacción e a inmersión nun orgullo contido. Día a día contemplan o seu centenario referente, un cruceiro en bo estado de conservación, agasallado coa frescura e delicadeza dos bastóns de santo Antonio, das vermellas rosas salvaxes e do perfumado azar. Empatía cunha obra de arte, un monumento pétreo que impasible saúda aos viandantes coa súa impasible serenidade. Este é un cruceiro belido no seu intrínseco mundo do silencio. A súa é unha lingua de profundidade e reflexión sostida no tempo. Seguir lendo Paporrubio do cruceiro