Arquivo da categoría: Ciencia

Dinosauros no Barbanza: Evolución e gastronomía

A bisavoa María desplumando un dinosauro aviario a finais dos anos 70
A bisavoa María desplumando un dinosauro aviario a finais dos anos 70

Jose Lires. O título resulta un chisco provocativo, recoñézoo. Son consciente de que os máis avezados lectores, coñecedores do azoico substrato ígneo ou metamórfico e da historia xeolóxica da rexión, ficarán incrédulos nas súas cadeiras considerando a imposibilidade de atopar restos de dinosauros na contorna, e por extensión na Galiza. Seguir lendo Dinosauros no Barbanza: Evolución e gastronomía

A erótica das rochas

jose lires 1Jose Lires. Veño de ler unha nova no xornal “La Voz de Galicia” desas que fan desentumecer os músculos faciais: “Un joven se queda atrapado en una vagina de mármol”. Entre a estupefacción e as bágoas xurdidas tras unha afirmación máis da estupidez humana, lémbrome daquela clase na Facultade de Xeoloxía onde nos descubriron os “dobramentos fálicos” (aquí córtome un pouco en escribir o sinónimo, máis de uso común, que utilizabamos daquela). A Natureza ten ás veces o capricho de reproducir no seu mundo mineral, morfoloxías propias do mundo animado. Seguir lendo A erótica das rochas

Eu son outros

llamandoX. Ricardo Losada. Hai ideas que me parecen fermosísimas, como esta que di Lisa Randall, especialista en física de partículas, nunha entrevista de promoción do seu último libro Llamando a las puertas del cielo: “O Gran Colisionador de Hadróns (GCH) parece un intento de toma de conciencia de si mesmo por parte do universo físico”. Como é sabido, no GCH do CERN de Xenebra aceléranse protóns a velocidades próximas ás da luz para simular sucesos inmediatamente posteriores ao Big Bang. Deduzo libremente das palabras de Randall que nese GCH non lle estamos a facer unha foto ao universo, estamos prestándolle a atención que desesperadamente nos pide. Seguir lendo Eu son outros

Deserto Barbanza

deserto barbanzaAgustín Agra. Medramos, as rapazas e os rapaces da miña xeración, coas imaxes de Fauna e Mundo submarino prendidas da retina. Millóns de telespectadores daquela época escoitamos falar por primeira vez de ecoloxía nos documentais de Jacques Cous-teau e Félix Rodríguez de la Fuente e, pouco e pouco, fomos tomando conciencia dos problemas medio ambientais do planeta. Seguir lendo Deserto Barbanza