Pilar Sampedro. A primeira aclaración que igual toca facer é que a ninguén debe estrañar o título, porque non é común ato-par a arte galega dentro deste centro de arte contemporánea, talvez por ser contem-poránea, talvez porque case sempre foi dirixido por xente que viña de fóra ou talvez polo propio complexo de castración. Seguir lendo Arte galega no CGAC
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Nacho C. Beiro. Tamén pintor
Eme Cartea. Se a arte actual nace nas vangardas de hai un século, certo é que se vai afianzar nas duras e tráxicas secuelas da Segunda Guerra Mundial e nese clima de frustración existencial e estupor social no que a creación artística ofrecerá unha das poucas saídas posibles a tamaña crise existencial. Seguir lendo Nacho C. Beiro. Tamén pintor
Arte nos escaparates
Pilar Sampedro. Neste Nadal comezou en Compostela unha experiencia que ten todos os visos de continuación ao longo do ano, segundo afirman os seus organizadores. Estes non son outros que Javier Lado, director da galería Metro (verdadeiro artífice e comisario) que a puxo en marcha coa colaboración das galerías Trinta, Luísa Pita e Federica no era tonta. “Pasearte. Primeira Mostra de Arte Contemporánea nos Escaparates de Santiago Centro” consistiu en colocar nos escaparates das tendas do Ensanche obras de artistas das galerías citadas estendendo, desta maneira, as súas mostras. Seguir lendo Arte nos escaparates
As Santas Migrantes
Pilar Sampedro. Luz Darriba acaba de participar na derradeira sesión do programa “Temos unha peza” no Museo do Pobo Galego. Este programa no que teñen participado Suso de Toro, Pepe Carreiro, Sés, Tareixa Navaza, Jorge Mira, Encarna Otero, Roberto Leal, Rubén Aramburu, Lidia Senra, Elena Ferro… remata con esta artista o seu especial percorrido pola colección do Museo con motivo do seu corenta aniversario. A ar-tista multidisciplinar, uruguaia e galega, é un referente en canto ao tratamento da muller dentro do campo da arte. Entre as súas intervencións públicas destacan Patchwork, Retales contra a violencia de xénero Seguir lendo As Santas Migrantes