Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (II) Berta Cáccamo

CACAPilar Sampedro. Se Eva Lootz ten a xenerosidade de mostrar os seus cadernos de traballo arredor do proxecto Volframio, Berta Cáccamo mostrará as fotografías que lle tocan a sensibilidade, e das que posible-mente nacerá algunha das obras poste-riores. A linguaxe poética terá nas dúas un papel importante porque Berta é de familia de escritores e editores Seguir lendo Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (II) Berta Cáccamo

Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (I) Eva Lootz

eva_lootzPilar Sampedro. A arte nos museos públicos está a disposición de todos. Todas temos dereito a acceder a ela, a gozar coa súa visión e a aprender co que nos achega. Por iso, ten sentido que falemos das exposicións que neste momento mostra o Centro Galego de Arte Contemporánea. Dúas exposicións de mulleres ás que separan vinte e cinco anos, unha delas Eva Lootz, nada en Viena e residente en España desde o 1968; outra, Berta Cáccamo, de Vigo, da familia dos Álvarez Limeses e Álvarez Blázquez, sagas comprometidas que honran e engrandecen o país. Seguir lendo Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (I) Eva Lootz

Ainara Fernández Lojo. A precocidade artística

Ainara domina nesta obra a composición e o xogo de cores
Ainara domina nesta obra a composición e o xogo de cores

Eme Cartea. De dominio común é que a arte é un proceso esencial no desenvolvemento da capacidade intelec-tual e creativa da humanidade. A canle de transmisión de ledicias e medos, de pensamentos e emocións, e un privile-xiado medio de aprendizaxe conceptual e simbólico na nenez. Proceso no que se aprende a sentir, a pensar, a percibir e a interactuar co contorno. En definitiva: a ser, integralmente. Seguir lendo Ainara Fernández Lojo. A precocidade artística

Castelao, Día da Arte Galega 2016

castelao1Pilar Sampedro. Pasou o día, transcorreu o ano. Un par de exposicións, un par de actos, un par de conferencias, … e para algúns ha de ser suficiente. O Día da Arte Galega nace na estela do Día das Letras Galegas, unha conmemoración que, pese a quen pese, conta xa cunha tradición que nos vai levando cada ano, a pesar de a quen se dedique; no adecuado ou non da  elección aumentan ou diminúen as celebracións, pero a nao vai soa. A Real Academia Galega (RAG), a escola, as institucións e asociacións, os concellos, os medios de comunicación, as editoriais,… tiran polo Día das Letras. Noutros casos, como o que agora nos ocupa, hai que traballar duro para conseguilo, se non nos conformamos con pouca repercusión. Seguir lendo Castelao, Día da Arte Galega 2016