Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

O mestre Rothko: empecemos pola cor

rotkho1Fidel Vidal. O 25 de febreiro de 1970 Mark Rothko apareceu morto no baño do seu taller, na rúa 69 do East Side de Manhattan. Atopouno o seu asistente Oliver Steindecker. Estaba tombado sobre un charco de sangue cos pulsos abertos por profundos cortes realizados cunha folla de afeitar. A autopsia demostrou ademais unha sobredose de fármacos. Polo visto, Rothko suicidouse asegurando ben a súa morte. Detrás deste tráxico falecemento -case unha forma, se me permiten a licenza, dun íntimo asasinato máis que dun suicidio-, hai un home extremadamente sensíbel e mirado pola educación dos seus alumnos en cuestións de arte. Seguir lendo O mestre Rothko: empecemos pola cor

Jandul, de Jontxu Argibay

A escultura está exposta na Sociedade Liceo de Noia FOTo M. CREO
A escultura está exposta na Sociedade Liceo de Noia FOTo M. CREO

Antonio Piñeiro. Este Jandul é un dos temas que Jontxu Argibay está a presentar na sala de mostras da Sociedade Liceo de Noia, nun grupo de doce pezas producidas en distintas datas, materiais (madeiras, aglomerado, febra) e técnicas, pero cuxo punto en común, coido, está na pescuda do signifi-cado/significados. Seguir lendo Jandul, de Jontxu Argibay

Pinturas de Paco Casal

paco casalEme Cartea. Paco Casal, pintor ferrolán asentado en Aguiño, aprende o amor á pintura da súa familia, que dende o 2010 exerce 25 horas ao día.

Debuxo, acuarela, pastel, óleo, acrílico… Nada lle é alleo a este recreador de paisaxes tiradas da súa Galicia cordial, ficticia e real, máxica e supersticiosa, interior e marítima, poética e metafórica. Unha Galicia que dura e non pasa. Seguir lendo Pinturas de Paco Casal

Bacon en Bilbao: a crítica destrutiva

bacon1Fidel Vidal. Unha vez no mostrador do Museo, ao coñecer a nosa procedencia cara á estatística, a recepcionista que nos atendeu deseguido ofreceunos a posibilidade de recollermos a Revista informativa de benvida (Guggenheim Bilbao XX, 1997-2017) en lingua galega. Un detalle que foi acompañado, cando xa entrabamos á exposición, dun “Bos días”.  Nas luminosas e amplas salas do segundo andar do Guggenheim de Bilbao está colgada unha selección duns cincuenta cadros, “dos máis importantes e atractivos” de Bacon, “incluíndo numerosos traballos que apenas se exhibiron” acompañados, de forma didáctica e instrutiva, dunha “trintena de obras de distintos mestres clásicos e modernos que influíron na súa carreira”. Seguir lendo Bacon en Bilbao: a crítica destrutiva