Eme Cartea. Como un novo Adrián Solovio rianxeiro, Nuco insírese na polifonía plural e social dun pobo que conformou a súa historia de retallos herdados e ás veces impostos dende dentro e dende fóra. Un pobo que se abre por necesidade e regresa por amor, para aquí reiniciar un proceso de autoafirmación persoal e colectiva, dende a esperanza á redención, do si ao nosoutros identificatorio.
Sobrio de estilo, vitalista e apaixonado do seu e dos seus, interésase pola pintura, a fotografía e a literatura, pero é a escultura a súa gran paixón (600 pezas o contemplan), que nace e se aviva nas súas enriquecedoras viaxes ao redor do mundo. Seguir lendo Esculturas de Robustiano Losada Romero: NUCO


