Fidel Vidal. En Hablando con Chillida, Martín de Ugalde (Edicións Txertoa, San Sebastián) fai un extenso percorrido pola vida e obra do escultor donostiarra desde o seu nacemento en 1924 ao 1975. Trátase dun didáctico e entretido libro de conversas, ilustrado con fotografías en branco e negro, tanto do Chillida familiar como dalgunhas das máis emblemática pezas do autor, así como do magnífico Museo Chillida Leku que, ao día de hoxe, logo dunhas infrutuosas negociacións coa Deputación de Guipúscoa, segue pechado ao público. Seguir lendo Chillida: a lección do electricista
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
O mundo máxico de Antón
Eme Cartea. O Mundo Máxico de Antón, unha exposición de 18 obras elaboradas por Antón Romero Piñeiro, un neno de 10 anos, natural de Portosín, autista, cunha enorme capacidade creativa, podemos vela todo este mes de xuño na escalinata principal interior, e na primeira planta, do consistorio de Ribeira. Unha mostra de gran colorido onde representa persoas e animais, illados ou como a sinopse dun relato. Seguir lendo O mundo máxico de Antón
Dalí como delator
Fidel Vidal. Un chien andalou (1929) é o filme aplaudido desde a súa estrea pola flor e nata do surrealismo. Nace da confluencia de dúas producións oníricas: unha de Dalí, que vira en soños unha manchea de formigas, e outra de Buñuel, na que “unha nube esgazada cortaba a lúa e unha folla de afeitar cortaba un ollo.” “Escribimos o guión seguindo unha regra moi sinxela, adoptada de común acordo: non aceptar idea nin imaxe algunha que puidera dar lugar a unha explicación racional, psicolóxica ou cultural.”(Buñuel). Malia teren compartido unha intensa relación, os camiños de Luís Buñuel e Salvador Dalí foron distanciándose cada vez máis, tanto no ámbito persoal como ideolóxico, sobre todo desde a aparición de Gala. Seguir lendo Dalí como delator
Che Tembra. A arte de domear o ferro
Eme Cartea. En Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, lemos que «Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso, pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, tan real coma o noso». Así, nunha das varias lendas que corren, a estirpe dos Mariño procedería da illa de Sálvora. Seguir lendo Che Tembra. A arte de domear o ferro