Jose Lires. Veño de ler unha nova no xornal “La Voz de Galicia” desas que fan desentumecer os músculos faciais: “Un joven se queda atrapado en una vagina de mármol”. Entre a estupefacción e as bágoas xurdidas tras unha afirmación máis da estupidez humana, lémbrome daquela clase na Facultade de Xeoloxía onde nos descubriron os “dobramentos fálicos” (aquí córtome un pouco en escribir o sinónimo, máis de uso común, que utilizabamos daquela). A Natureza ten ás veces o capricho de reproducir no seu mundo mineral, morfoloxías propias do mundo animado. Seguir lendo A erótica das rochas
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Antonio Mir. A realidade espida. Paisaxe de Corrubedo
Román Arén. Murciano que residiu moitos anos no Brasil, lugares que marcan a súa traxectoria dende unha paisaxe de sol até a luxuria da cor americana, cando veu a Galicia para residir na Pobra do Caramiñal mantivo esa felicidade da cor, ese tratamento da realidade dun xeito elemental, que crease un mundo novo a partir do eterno. O crítico Francisco Pablos sinalaba non só a elementalidade, senón tamén, como a realidade esencial se facía soño, como os primores do vulgar se volvían perdurables. Seguir lendo Antonio Mir. A realidade espida. Paisaxe de Corrubedo
A urxencia de retomar o lugar

Lucía Romaní. Camiñar e deterse para contemplar (o extraordinario do mundo). Sentarse nun banco para esperar -cando ninguén espera-, ou simplemente ver xente pasar. Intercambiar miradas cun estraño, compartir o anonimato. A rúa é ese espazo onde todo é posible por imprevisible. Un lugar onde deambular, ir dun lugar a outro, libremente; ser un máis entre a multitude. Seguir lendo A urxencia de retomar o lugar
Colo materno, de Nuco, escultor rianxeiro
Eme Cartea. Introduzo a Nuco, escultor rianxeiro, con dous versos de Ferrín: “O artista é aquel / que se resiste á morte”. E fágoo perante un homo que reúne na súa persoa os tres cualificativos primixenios que nos definirían como humanos: faber, sapiens e ludens. Afirmo que Nuco traballa con afán; Nuco reflexiona, recrea e transforma a realidade; Nuco goza co que fai. E engado: é certo!
Unha situación privilexiada, si, pero que hai que gañar. Con dous pés, un na terra e outro no mar, un día bota a andar as súas mans de artista, xa serodiamente. Seguir lendo Colo materno, de Nuco, escultor rianxeiro