Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura

Granito negro, de Manuel Teira

teiraAntonio Piñeiro. Coido que todos temos sentido algunha vez esa curiosa sensación diante dos dous corpos entrelazados de O bico, de Rodín; quizais polo grao de sensualidade que xa sorprendeu aos que lles foi presentada; quizais polo chocante que sempre é a erótica da pedra, tan facilmente convertida en carne.

Os escultores búscanse na rocha. Teñen esa fascinación pola facilidade da rocha para perdurar, compactar ou simbolizar. Manuel Teira sabe que hai afloracións preto (Ortegal) que son das máis antigas do planeta. É dicir, un tócaas e está tocando o mesmo que puido ter sido tocado hai máis de mil millóns de anos. Seguir lendo Granito negro, de Manuel Teira

Castelao en viñetas

castelao viñetas 1F. Blanco Alcaide. A Iván Suárez -debuxo- e Ignacio Vilariño -guión-, pasoulles algo moi común nesta vida: comezas a facer unha cousiña e unha cousa leva a outra e… O que a primeiras ía ser unha historia de monicreques ou unha análise sobre a función social do cabezudo, agora mesmo estase a converter nun ambicioso proxecto de oito volumes en banda deseñada que abrangue a  vida enteira de Castelao. Era preciso que alguén se atrevera a facelo.

Ata o de agora van publicados tres deses oito volumes en Demo Editorial, coa importante colaboración da librería Kómic de Compostela, templo galego da Banda Deseñada. Seguir lendo Castelao en viñetas

Álvaro de la Vega fala con Cézanne na miña casa

Obra de Álvaro de la Vega
Obra de Álvaro de la Vega

X. Ricardo Losada. Hai tempo que non miro unha obra de arte para saber se é románica, barroca ou cubista. Deixo que veña a min nos momentos máis inesperados. Estame a pasar cunha obra que o escultor Álvaro de la Vega expón estes días na galería MoretArt da Coruña. Dous homes de pé, un fronte ao outro, en planos distintos, coas mans apoiadas (parécemo a min) en cadanseu barril. Recórdame un dos meus cadros favoritos, Os xogadores de cartas de Cézanne. Contarei tres dos numerosos momentos en que me abordou: Seguir lendo Álvaro de la Vega fala con Cézanne na miña casa

Paco Casal, pintor do mar

Foto feita por Cris Otero
O francés de Balieiros

Pastor Rodríguez. Que difícil pintar o mar! Un mar sempre vivo, en movemento, en expresión, un tecer e destecer fíos de auga… E o artista, o verdadeiro artista, ten que deter o tempo e captar a cor, a mobilidade, o furor ou a calma, sen que se resinta a expresividade. Pois o mar, para estar na arte é algo máis co mar abstracto e co mar real, ten que estar tamén no sentir do artista, nos seus soños e no seu saber do oficio.  Seguir lendo Paco Casal, pintor do mar