
Jose Lires. Non cabe dúbida de que os gustos, afeccións ou ocupacións de cada quen xogan un papel fundamental na percepción do medio que nos rodea. Deste xeito, o arquitecto vibra contemplando a correcta integración da súa obra coa contorna, o biólogo felicítase no interior dunha fraga sabedor da importancia coma corredor ecolóxico que ten no ambiente e eu tento ler no territorio a historia íntima das rochas, descubrir a razón do seu aspecto actual, e recrear as distintas paisaxes das que formaron parte. Seguir lendo A face engaiolante das rochas