Arquivo da categoría: Inés Otero

O libro dos Baltimore, de Jöel DIcker

baltimoreInés Otero. O autor desta novela é o mesmo d´A verdade sobre o caso Harry Quebert (2012), considerada como a Primeira Gran Novela Americana escrita por un suízo, que tivo máis de 3 millóns de lectores, foi traducida a 38 idiomas e obtivo numerosos galardóns, entre eles, o cada vez máis consolidado, XX Premio San Clemente. Neste caso, o protagonista tamén é o mesmo, Marcus Goldman, que, dende un principio, nos avisa de maneira reiterada que A novela dos Baltimore (2016) está presidida por un “Drama”, un anzol para que o lector se deixe engaiolar por unha historia que ten como principais protagonistas á Banda dos Godlman, un grupo de rapaces –seus curmáns, Hill e Woody, a fermosa Alexandra e o mesmo narrador– Seguir lendo O libro dos Baltimore, de Jöel DIcker

O arquitecto do universo, de Elif Shafak

arquitecto1Inés Otero. Elif Shafak é unha escritora turca –nada en Estrasburgo no 1971– moi recoñecida no seu país por dúas obras:  A bastarda de Estambul (2009), a novela na que, por abordar o xenocidio  armenio, o seu Goberno levouna a un xuízo no que resultou absolta, e O froito do amor (2012), na que trata os contrastes entre Oriente e Occidente, a través das peripecias dunha familia kurda que emigra a Londres nos anos 70. Agora publica unha obra onde as voces das minorías –“silenciadas e reprimidas”– son o fío condutor dunha historia enmarcada no século XVI, aqueles cen anos que tanta pegada deixaron no mundo islámico. Seguir lendo O arquitecto do universo, de Elif Shafak

O Don, de Mai Jia

C_El don.inddInés Otero. Mai Jia, pseudónimo de Jiang Benhhu, é un dos maiores “superventas” dentro da literatura chinesa. Algunhas das súas obras só son superadas en lectores polo Libro vermello, de Mao Zedong, e O último lobo, de Lu Jiamin, a obra ecoloxista que levou hai uns anos ás pantallas Jean Jacques Annaud. Desta primeira novela, Mai Jia vendeu nada menos que 15 millóns de exemplares no seu país. O Don conta unha historia con certos apuntamentos biográficos. No ano 1981 Mai Jia alistouse no Exército Popular de Liberación, porque a súa familia no espertaba simpatías no réxime, e cursou estudos de telecomunicacións na Academia de Enxeñeiros, onde se especializou na resolución de mensaxes criptográficas ata que o contratou o servizo de espionaxe. Seguir lendo O Don, de Mai Jia

E as montañas falaron, de Khaled Hosseini

montañasInés Otero. Esta novela comeza no outono do ano 1952 en Maidan Sabz, unha aldea perdida de Afganistán, onde o matrimonio formado por un humilde labrego, Sabur e a súa segunda muller, Parwana, sofren as consecuencias dunha vida dura e un inverno implacable. Viven cos seus fillos: Abdulá, de dez anos, e Pari, a irmá menor. Os dous cativos adóranse, gardan unha relación de amor e complicidade, pero están condenados a romper os seus soños  cando ela, a cativa de tan só catro anos, é vendida a unha poeta franco-afgana.  Axiña marcharán cara a París para fuxiren de dous perigos:  a vida que as espreita nas rúas de Kabul e o ventos de desconcerto que sopran dende as montañas veciñas. Seguir lendo E as montañas falaron, de Khaled Hosseini