Inés Otero. Marie-Laure, unha nena cega, filla dun cerralleiro do Museo de Historia Natural de París, atópase na cidade de Saint-Malo, onde convive co seu tío Etienne e Madame Manec, a súa particular ama de chaves, cando se produce en agosto de 1944 o desembarco aliado en Normandía. Nesta mesma época, Werner Pfenning, un neno que vive coa súa irmá nun orfanato de Alemaña, sofre as consecuencias do adoutrinamento nazi, entra nas Xuventudes Hitlerianas e participa na Segunda Guerra Mundial. Pola súa habelencia para detectar as retransmisións da resistencia francesa, recalará nun peirao bretón, onde, tal como se di nalgunha crítica, “sairá a luz que os dous precisan para fuxir da escuridade” e se “descubrirá canto valor hai nos seus corazóns”. Seguir lendo A luz que non podes ver, de Antonhy Doerr
Arquivo da categoría: Inés Otero
As boas intencións, de Amity Gaige
Inés Otero. Esta é a turbulenta historia de Erik Kennedy –en realidade Schroder– contada por el mesmo dende unha cela da penitenciaría de Albany. A partir dunha longa carta, dirixida á súa muller Laura, coa que está en trámites de divorcio, coñecemos os motivos que o levaron a secuestrar, aproveitando un permiso xudicial, a filla de seis anos, Meadow, coa que foxe polos lagos de Vermont durante seis días coma se fose o Humbert Humbert de Lolita ou un excursionista engaiolado polas paisaxes de Nova Inglaterra. A través desta extensa misiva, na que el se converte en protagonista e narrador, tamén coñecemos a súa dura infancia no arrabalde de Kreuzberg, en Berlín Oriental, a súa estraña fuxida cara a Estados Unidos, en compañía do seu pai electricista, para instalarse nun barrio obreiro de Boston. Seguir lendo As boas intencións, de Amity Gaige
Os barcos do exilio, da Casa da Gramática
Inés Otero. A revista escolar Casa da Gramática, unha obra do Instituto Virxe do Mar de Noia, acaba de publicar, dentro da súa colección Porta Azul, un libro de 250 páxinas dedicado a un tema ben interesante sobre a Guerra Civil española: Os barcos do exilio. O volume conta con quince traballos. Sobre as terras vinculadas coa nosa comarca destacan as investigacións de Xerardo Agrafoxo (O Santa Rosa e o Santa Eulalia camiño da liberdade), Francisco X. Fernández Naval (A memoria do As e o esquecementos dos vencidos) e Xoán Mariño (A odisea dos republicanos noieses). Seguir lendo Os barcos do exilio, da Casa da Gramática
Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
Inés Otero. Janis, unha moza cunha vida complexa, séntese cativada por un home que atopa nunha cafetaría, absorto na intriga das súas lecturas, pero que un día desaparece misteriosamente. Tamén sente a ausencia da súa nai –a arrepiante orfandade materna por unha morte estraña– que trata de superar mentres mantén unha relación distante co pai. A vida monótona de Janis verase interrompida cando –un arrepío de pracer percórreme o corpo– descobre un individuo con engado. El, un escritor cunha vida marcada pola fuxida convertida nunha rutina, tamén busca respostas ás preguntas que o atormentan. Seguir lendo Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello