Inés Otero. A vida de Ane, unha traballadora vasca, vese afectada cando recibe un ramo de flores na súa casa. Un agasallo algo desconcertante, malia que se trata dun luminoso presente, porque se repite varias veces e sempre de maneira anónima. E sempre un xoves. A vida doutras dúas persoas, Lourdes e Tere, tamén se ve condicionada pola aparición dunhas misteriosas flores nun lugar que elas visitan con certa regularidade. Os tres personaxes son xente corrente, mulleres afanadas cos seus traballos e con soportar sobre as súas costas as feridas que lles deixou a vida, algunhas sen cicatrizaren e que comezan a supurar de novo cando un elemento estraño, uns sinxelos ramos de flores, lles altera os seus hábitos rutineiros. Seguir lendo Loreak, de José María Goenaga e Joan Garaño
Arquivo da categoría: Inés Otero
Camino de perdición, de Luis Mateo Díez
Inés Otero. Sebastián Odollo, un viaxante de comercio, recibe de seu xefe, don Birlo, o encargo de cambiar a súa ruta de traballo, para realizar unha “ingrata encomienda”: indagar o paradoiro de Emilio Curto, un compañeiro de profesión que “anda extraviado pola Campiña”. Para tal cometido, que non garda relación con outras viaxes anteriores, a empresa déixalle un vello Ford, a Oruga, que se converte no destinatario das súas teimas e reflexións: “Te voy a dar un voto de confianza. Y para demostrártelo voy a confesarte algo”. O periplo realízase por unhas terras que polos seus nomes –Val de Gusán, Sermil Bardón ou Viñuela– semellan claros referentes das terras leonesas onde é orixinario o autor (Villablino, 1942). Seguir lendo Camino de perdición, de Luis Mateo Díez
A Mennulara, de Simonetta Agnello Hornby
Inés Otero. Esta novela –traducida ao galego para Galaxia por Carlos Acevedo e Eva Almazán– comeza cando na vila siciliana de Roccacolomba morre aos cincuenta e cinco anos María Rosalía Inzerillo, a Mennulara, nome que reciben as recolledoras de améndoas no mezzogiorno italiano. Malia que esta muller pasou a meirande parte súa vida como criada da familia Alfallipe, as disposicións que deixa nuns papeis converteranse na cerna dunha trama que a autora desenvolve coma se fose unha novela de Camillieri. Seguir lendo A Mennulara, de Simonetta Agnello Hornby
Arthur e George, de Julian Barnes
Inés Otero. Arthur é un médico cunha infancia condicionada pola conduta dun pai confundido entre o alcol e as mulleres. George, fillo do vigairo dunha vila inglesa, é un avogado de orixe parsi que traballa nun bufete de Birmingham. Ante o fracaso da súa consulta, Arthur estabelecese como oftalmólogo. Por culpa dunhas sibilinas acusacións, George Edalji é acusado de matar varios animais do seu condado. Mentres Arthur, é dicir, sir Arthur Conan Doyle, se converte nunha celebridade internacional grazas ao detective Sherlock Holmes, George, un ser solitario e traumatizado, é condenado a sete anos de traballos forzados. Seguir lendo Arthur e George, de Julian Barnes