Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Mulleres escritoras do século XIX. Unha recensión (I)

mulleres escritoras 1Elisa Lobeira. Recibo na aldea, por fin!, un libro que levaba semanas agardando, Escritoras na Galicia do século XIX, publicado en 2014 polo Instituto Padre Sarmiento, en edición de Carlos A. González Paz. Agardábao con desexo e curiosidade, pero póusoo na cómoda a carón do verdó, porque necesito pensar uns minutos, pois o título xa me deixou desorientada. Non é “Escritoras galegas do século XIX” nin “Escritoras en galego no século XIX”. Agardo á noite para ler con calma, de vagar, e así o fago tras ler os interesantes limiares de Antón Pazos e Carlos Andrés González, dous dos colaboradores do volume, e sei do porqué dese título: Seguir lendo Mulleres escritoras do século XIX. Unha recensión (I)

De novo, Willa Cather

willa catherElisa Lobeira. A boa editorial que é Nórdica, que tantas cousas nos descobre a todas, que ten en catálogo a Dinesen e Flann O’Brien, a Cortázar e a Chejov, publica El caso de Paul. Un estudio sobre el temperamento, en tradución de Aurora Echevarría, que xa coñecera outra edición en Círculo de Lectores en 2001. O relato foi editado pola autora en 1905, no libro de contos O xardín dos Troll.  É a historia da contradición da alma do artista, do diferente, nunha cultura materialista.

Baseada nun feito real, a historia de Paul, bicho raro, é a da frustración, da inadaptación á vulgaridade, da crenza de que os cartos nos poden salvar da fealdade, a historia do soño da gran cidade. Seguir lendo De novo, Willa Cather

Willa Cather. Entre a elexía e a pastoral

pionerosElisa Lobeira. A recente reedición de Pioneiros de Willa Cather neste 2015 lévame a unha relectura dun clásico. A tradución é de Gema Moral Bartolomé. Publicada por vez primeira en 1013, esta novela é a historia duns “pioneiros” na Nebraska de fins do XIX e comezos do XX, nun estado aínda “novo” cheo de emigrantes suecos e noruegueses, checos e franceses, que loitan por amansar unha terra. Unha historia dunha familia que é tamén a historia dunha época e dun grupo social, do individual no colectivo. Entre a elexía e a pastoral, sen que falte unha tráxica historia amorosa. E un final esperanzador, tan característico da autora. Seguir lendo Willa Cather. Entre a elexía e a pastoral

A poesía de Gertrud Kolmar

mundosElisa Lobeira. Unha das pequenas xoias de El Acantilado é Mundos (1999), de Gertrud Kolmar, xudía 1894-?), curmá de Walter Benjamin, filla dun avogado xudeu xentilizado. Non quixo fuxir dos nazis, ficou en Berlín con seu pai, e en 1943 foi deportada a Auschwitz, onde quizais morreu, ou quizais no transporte ao leste. Este libriño foi escrito en 1937 e amosa a fase máis depurada da súa poesía. Non tivo boa sorte esta tradución de Berta Vías, pero merecía ter sido máis lida. Para os alemáns forma parte da mellor tradición da poesía feminina escrita por xudías (Elsa Lasker-Schüler, Nelly Sachs). A obra publicouse en 1947 grazas ao interese do seu cuñado Peter Wenzel. Foi traducida ao francés en 2001 e non estaría de máis pór algúns dos poemas en galego. Seguir lendo A poesía de Gertrud Kolmar