Arquivo da categoría: Miguel Mariño

Un dicionario do dandismo

diccionario-dandiMiguel Mariño. “Antonio Machado libros” é unha distribuidora española que tamén edita libros, e na súa colección de Pensamento, onde hai “cousas” de Cacciari, Stendhal e Martínez Marzoa, está tamén o Diccionario del Dandi de Giuseppe Scaraffia (1959), investigador en La Sapienza de Roma e autor de interesantes obras sobre A muller fatal, Mitos menores e Os derradeiros dandis.

O prefacio da obra establece os riscos característicos do dandi, “demasiado tarde”, o inimigo da sociedade de masas, aquel que se dedica a facer de si mesmo unha obra de arte, algo único, que evite a vulgaridade e tamén o snobismo. Seguir lendo Un dicionario do dandismo

Mark Strand

mark strand 1Miguel Mariño. Morto en 2014, o poeta norteamericano Mark Strand (1934), que vivira varios anos en Madrid, ata que en 2013 volveu a New York por mor da enfermidade. Pintor de mérito, tradutor, nacera en realidade na illa do príncipe Eduardo en Canadá e comezou a ser recoñecido como poeta nos anos setenta. Pulitzer en 1999 e poeta laureado de EEUU. Ademais de ensaios, traducións e libros infantís, deixou doce libros de poesía, unha poesía a súa que el mesmo definía como “o eu, o borde do eu e o borde do mundo”. Foi un poeta moi persoal, o poeta da morte, do baleiro, da ausencia, pero aberto ao mundo. Ángel Rupérez definía a súa poesía como a dunha existencia fráxil e efémera, sempre preto do baleiro, chea de incertezas, nunha obra que, no fundamental, vai de 1968 a 2012. Seguir lendo Mark Strand

Os filósofos de Hitler

filósofos-hitlerMiguel Mariño. Interesante libro de Yvonne Sherratt publicado por Cátedra, que non é unha obra erudita, pois aínda que ben documentada, é un “docudrama” contado con rigor, amenidade e que ten ben en conta a andaina persoal dos personaxes, aqueles que colaboraron con Hitler e os que se lle opuxeron. Tiveron destinos moi diferentes pero, sabido iso, o curioso é o ben que lles foi tras a guerra, malia algún problemiña. Unha grave cuestión ética, pois se músicos e escritores foron censurados polo seu colaboracionismo nazi (si, mesmo Jünger, digan o que digan os seus fans), os filósofos saíron ben librados e mesmo entronizados (o caso paradigmático é Heidegger), ás veces ata por algunha vítima. Seguir lendo Os filósofos de Hitler

Modiano para nenos

sempé 3Miguel Mariño. A literatura para nenos é tamén cousa dos que escriben para adultos e para exemplo, Patrick Modiano. Si, o elusivo, reticente e neboento Modiano. A súa novela “infantil” máis famosa sae agora en castelán en Blackie Books. Trátase de Catherine, de 1988, en tradución de Miguel Azaola. As ilustracións son de Sempé, un dos grandes da ilustración europea, sinxelo e límpido, que se adapta ben ao mundo bretemoso de Modiano.

Catherine bota unha mirada ao pasado dende Nova York, unha mirada a París, á vida dun pai, que como o de Modiano, non se sabe ben a qué se dedica. Seguir lendo Modiano para nenos