Francisco Ant. Vidal Blanco. En liñas xerais, a felicidade completa é unha utopía, pero non por iso deixamos de procurala por terra mar e aire. O que para uns é bo para outros non o é tanto, uns confórmanse con ir ó cine unha vez por semana e outros gastan o salario en quinielas de infortunio. Por iso Xulio non discute quen é máis feliz. Cada un ó seu xeito conténtase co que pode, e aquí tamén conta o nivel de ambición ou de conformismo. Seguir lendo A difícil felicidade
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
Alarmas e alarmantes

Francisco Ant. Vidal Blanco. Debería estar prohibido alarmar con fins comer-ciais. Pareceralles pouco bombardearnos cada mañá coa caída do euro, coa prima de risco, a suspensión das pensións, os recortes sanitarios, o mal estado do ensi-no, co insalubres que son todos os produ-tos do súper ou coa nova atrocidade de Trump animando a unha guerra mundial da que os miñaxoias europeos non se librarán Seguir lendo Alarmas e alarmantes
Unha cuestión de alturas

Francisco Ant. Vidal Blanco. Sempre me fixen eco daquela máxima anarquista, que as categorías son como as lacenas, canto máis altas máis inútiles, pero estaba equivocado. E para proba, aí tendes que as oficinas de dirección de calquera empresa están no piso máis alto posible, mentres que no soto fica o almacén dos aparellos de limpeza. Seguir lendo Unha cuestión de alturas
Mars city
Francisco Ant. Vidal Blanco. Unha vez máis volvemos a darlle voltas ó asunto da conquista do espazo como se se tratase dunha emigración á que estamos destinados os terrícolas. E cando se fala deste asunto, o primeiro que nos vén á cabeza é Marte e os marcianos. Seguir lendo Mars city