Arquivo da categoría: Cine

Frankenstein, de Aitor Rei

frankenstein-04155Xerardo AgraFoxo. O convoi camiñaba a toda velocidade cando se debruzou contra un muro erguido a carón da vía. Foi o accidente máis grave da historia da nosa democracia: 80 mortos e 140 feridos. Este tren era coñecido como FRANKENSTEIN. Por que? Tratábase dun mecano, como aquel que lle dera vida Mary Shelley, construído con retallos. E, para maior desgraza, pesaba 72 toneladas máis das preceptivas. Seguir lendo Frankenstein, de Aitor Rei

Omar, de Hany Abu Assad

omar1Xerardo AgraFoxo. Omar (Adam Bakri) é un mozo palestino que, para ver a súa noiva Nadia (Leem Lubany) que vive nos territorios ocupados, brinca por enriba do noxento valado erguido polos xudeus. Unha acción que demostra o seu compromiso coa amada e mesmo a súa afouteza ante os disparos que o acosan. Cos seus amigos, Tarek, irmán de Nadi, e  Amjad, tamén namorado da rapaza, integran unha brigada clandestina de resistencia contra as forzas opresoras. Cando despois do asasinato dun soldado israelí, Omar é capturado e torturado por Rami, un astuto oficial inimigo, a súa vida dará un xiro inesperado, un cambio de rumbo tan radical que comprometerá os seus compañeiros, onde ninguén quedará indemne. Seguir lendo Omar, de Hany Abu Assad

Madonna, trinta anos despois de True Blue

madonna-true_blueGonzalo Trasbach. Cando caeu a folla de xuño no calendario, fixo trinta anos que Madonna (Lusie Veronica Ciccone) se consolidou coma a nova raíña do pop a través do seu álbum True Blue, que resultou non só ser un dos mellores da vocalista norteamericana, senón que conseguiu que aquela mincha de Michigan de orixe italiano alcanzase o cume de diva do pop contemporánea e se transformase nun novo mito moderno. Alcumada como Ambición Rubia polo uso (entre o desinhibido, o irónico e o crematístico) da sexualidade para crear imaxe, a lingua afiada de víbora para as entrevistas, Seguir lendo Madonna, trinta anos despois de True Blue

Pride, de Mattew Warchus

pride1Xerardo AgraFoxo. Esta fermosa película, estreada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes no ano 2014, está baseada nunha historia real: o conflito xurdido no ano 1984 entre a primeira ministra inglesa Margaret Thacher e o Sindicato de Mineiros (NUM) que convocaron unha dura folga, contra as intencións de paralizar a produción de carbón, apoiados polo colectivo Lesbians and Gays Support the Miners. Unha decisión que, malia os receos iniciais dos mineiros dunha pequena vila de Gales por asociarse cun colectivo co que gardaban certas aprehensións, acabou por converterse nunha maneira pacífica de loitar para levar adiante unhas reivindicacións que eles consideraban necesarias para defender a súa dignidade. Seguir lendo Pride, de Mattew Warchus