Gonzalo Trasbach. Moi apreciado Xerardo. Cando publicaches o comentario sobre a película Difret, de Zeresenay Mehari, que, segundo informabas, está baseada en feitos reais, pregunteiche se ese dato era un valor engadido sobre a cinta, é dicir: se a facía mellor. Con tal motivo, indiqueiche que tiña unha teima co sempre recorrente “baseado en feitos reais” da crítica máis especializada de cine dende que mirase El expreso de medianoche, película que causou un enorme impacto na súa época e que aínda moita xente lembra cando fala ou oe falar de Turquía. Pese a todos os feitos reais dos que fai gala, eu sigo dicindo o mesmo desde aquela data: é un filme racista e maniqueísta. Seguir lendo Carta para AgraFoxo
Arquivo da categoría: Cine
Frankestein 04155, de Aitor Rei
Agustín Agra. Que necesario é o cinema!, exclamaba o director de cine Luís Avilés, responsable asemade do Cineclube Liceo de Noia, após o visionado de FRANKENSTEIN 04155, unha película documental na que o protagonista é o accidente do tren Alvia 04155 en Angrois o 24 de xullo de 2013.
81 mortos e máis de 140 feridos. Unha curva, A grandeira, á entrada de Compostela. Un tren de alta velocidade que non era tal. Unhas especificacións técnicas que non se cumprían. Un sistema de seguridade que no estaba operativo. Frankenstein, o nome que lle deu ao tren o persoal de Renfe por estar fabricado con partes doutros trens. Seguir lendo Frankestein 04155, de Aitor Rei
Wajma, de Barmak Akram
Xerardo AgraFoxo. A acción desta fermosa película transcorre en Kabul, onde vive Wajma (Wajma Bahar) no seo dunha familia humilde. Cando un día Wajma coñece a Mustafa, un atractivo camareiro, decide deixar atrás os vellos convencionalismos familiares e entrégase ao amor. Todo descorre con harmonía e lentitude para os dous mozos ata que queda embarazada. Entón apareceran reflectidas con verismo e crueza a conduta das persoas que a arrodean: a do noivo, un covarde que non asume o problema e mesmo a acusa de deitarse con outros; Seguir lendo Wajma, de Barmak Akram
Regreso a Itaca, de Laurent Cantet
Xerardo AgraFoxo. A película conta o reencontro de cinco persoas nunha azotea da Habana. Amadeo, un escritor que leva exiliado 16 anos en España, é o promotor desta iniciativa. Con el está un grupo de amigos que roldan a cincuentena: Rafa, un pintor fracasado por culpa do réxime; Aldo, un enxeñeiro negro que vive arranxando baterías con material roubado; Tania, oftalmóloga que sofre a marcha dos seus fillos a Miami e sobrevive grazas á xenerosidade dos seus pacientes, e Eddy, ao que mellor lle vai –aparentemente– porque soubo adaptarse aos postulados do sistema. Seguir lendo Regreso a Itaca, de Laurent Cantet