Xerardo AgraFoxo. Esta película conta a historia de Hirut, unha nena dunha aldea etíope que é violada por un veciño cando regresaba do colexio. Para zafarse do agresor, que quere secuestrala para casar con ela, a cativa colle o seu rifle e acaba con el. Esta traxedia, baseada nun feito real ocorrido preto de Addis Abeba, serviu para denunciar a telefa, unha práctica que era común en Etiopía. Segundo un rito tradicional, calquera agresor pode evitar a condena de violación dun tribunal sempre que case coa vítima. O argumento de Difret (Valor) céntrase na loita da avogada Meaza Ashenafi (Meron Getnet) que, valéndose dunha rede de letradas, procura que Hirut (Tizita Hagere), de tan só 14 anos, non sexa condenada a cadea perpetua. Seguir lendo Difret , de Zeresenay Mehari
Arquivo da categoría: Cine
Sokurov fai chorar a Nick Cave
Gonzalo Trasbach. Rebuscando entre os libros atopei un que me veu á cabeza unha noite cando tentaba conciliar o sono: Aleksandr Sokurov. Elegías visuales, un pequeno volume editado por Maldoror no que se recolle, grazas á tradución de Jorge Segovia, unha edición da Cinemateca Portuguesa (1999) dedicada ao singular director ruso, e que me regalou hai moitos anos o amigo Pedro Ferrández. Entre as dúas magníficas entrevistas, que lle fan María Joao Madeira e Paul Schareder, respectivamente, e outros artigos sobre vida e a obra do cineasta, chamoume a atención un textiño, Lloré del principio al fin, firmado polo cantante e compositor Nick Cave, publicado no diario británico The Independent, en marzo de 1998, un ano despois de que Mai e fillo se estrease no festival de Berlín. Seguir lendo Sokurov fai chorar a Nick Cave
Lembranza de American Beauty
Gonzalo Trasbach. Supoño que podería estar bastante cabreado co que me pasou, pero costa seguir enfadado cando hai tanta beleza no mundo. O meu corazón ínflase coma un globo que está a punto de estalar… Pero recordo que me debo relaxar e non aferrarme demasiado a ela, e, entón, flúe a través de min coma a choiva e non sinto outra cousa que gratitude por cada instante da miña estúpida e insignificante vida… Non teñen nin idea do que lles estou a falar, pero non se preocupen…, algún día entenderano. Con esta tenra berra de Lester, poucos minutos antes de morrer, acaba American Beauty (1999), a ópera prima de Sam Mendes Seguir lendo Lembranza de American Beauty
El Rey de La Habana, de Pedro Juan Gutiérrez
Xerardo AgraFoxo. Reynaldo, un mozo de Centro Habana, contempla un día dende a súa azotea unha escena que lle marcará o seu destino: a morte accidental de súa nai e o suicidio de seu irmán Nelson, que se lanza contra a rúa e rebenta o cranio catro andares abaixo. Con trece anos, quedou sen fala. E, sen saber reaccionar, a policía levouno nun furgón, meteuno nunha cela, interrogouno durante tres días –“¿Por que los mataste?”– e recluírono nun correccional, de onde conseguirá fuxir, amargado e receoso, tres anos máis tarde. Entón comeza a súa vida polos labirintos da capital, onde ofrece como tarxeta de visita a súa pinga de vinte e tres centímetros. Será un pícaro –Rey– acosado pola fame e a policía. Seguir lendo El Rey de La Habana, de Pedro Juan Gutiérrez