Arquivo da categoría: Cine

Loreak, de José María Goenaga e Joan Garaño

loreak-floresInés Otero. A vida de Ane, unha traballadora vasca, vese afectada cando recibe un ramo de flores na súa casa. Un agasallo algo desconcertante, malia que se trata dun luminoso presente, porque se repite varias veces e sempre de maneira anónima. E sempre un xoves. A vida doutras dúas persoas, Lourdes e Tere, tamén se ve condicionada pola aparición dunhas misteriosas flores nun lugar que elas visitan con certa regularidade.  Os tres personaxes son xente corrente, mulleres afanadas cos seus traballos e con soportar sobre as súas costas as feridas que lles deixou a vida, algunhas sen cicatrizaren e que comezan a supurar de novo cando un elemento estraño, uns sinxelos ramos de flores, lles altera os seus hábitos rutineiros. Seguir lendo Loreak, de José María Goenaga e Joan Garaño

No, de Pablo Larraín

noXerardo AgraFoxo. Esta película está baseada nun feito histórico: no ano 1988 o xeneral Augusto Pinochet, obrigado polos organismos internacionais, convocou un referendo coa intención de continuar no poder nove anos máis. Durante a campaña plebiscitaria, as dúas posturas gozaron de quince minutos nos informativos nacionais. A película parte dunha obra de teatro inédita, El plebiscito, orixe da posterior novela  Los días del arco iris (2011), escrita por Antonio Skármeta, o autor de El cartero de Neruda. Seguir lendo No, de Pablo Larraín

Chiwoniso Maraire

ChiwonisoAlberte Pagán. O 11 de julho de 2006 aterrei em Harare. Após buscar hotel e descansar da viage acheguei-me a umha cafetaria do centro, a Jazz 105, da que me faria asíduo. No jornal que lia entanto ceava anunciava-se um concerto dumha tal Chiwoniso Maraire para essa mesma noite no Book Café, local que tamém acabaria freqüentando pois Chiwoniso actuava no seu cenário todas as terças-feiras. Seguir lendo Chiwoniso Maraire

Lúa en Brasil, de Bruno Barreto

floresXerardo AgraFoxo. Esta película conta a historia da poeta norteamericana Elizabeth Bishop (Miranda Otto) que en novembro do ano 1951 chegou a Brasil, onde a esperaba súa amante Mary Morse (Tracy Middendorf), para realizar unha escala de quince días camiño de Sudáfrica. Pero os plans previstos viraron de súpeto cando coñece a Lota Macedo Soares (Gloria Pires), unha recoñecida arquitecta brasileira –futura deseñadora do Parque Flamengo– coa que vivirá en Río de Xaneiro os seguintes quince anos da súa vida. Seguir lendo Lúa en Brasil, de Bruno Barreto