Antón Riveiro Coello. Lembro unha conversa tensa cun profesor do conservatorio cando a miña filla maior estaba no último ano de grao medio de piano, ano que para ela coincidía con segundo de bacharelato. O profesor teimaba en que ela tiña que dedicarlle máis horas e eu dicíalle que si, que tiña razón, pero que nós non iamos obrigala, e que non nos importaba se suspendía. Nós o que queiramos era que, sen esquecer a disciplina que require o piano, ela amase e gozase coa música, non que sufrise con ela. Finalmente non suspendeu e acadou o título, pero apenas volveu tocar o piano, sospeito que por culpa dun sistema vello que fai honra á palabra conservatorio que, para min, ten connotacións estancadas. Seguir lendo Whiplash, de Damien Chazelle
Arquivo da categoría: Cine
Buscando un beso a medianoche, de Alex Holdridge
Carlos Mosteiro. Hai xa algún tempo lin unha entretidísima novela de César Mallorquí, Las lágrimas de Shiva. Xa non lembro case nada do seu argumento (adoita pasar coas novelas entretidísimas), pero hai unha escena memorable que si me quedou gravada e que, dalgunha maneira, fagozitou en min a memoria mesmo da novela impedíndome lembrar nada máis que ese pequeno acontecemento. É contra finais dos anos sesenta. O rapaz protagonista atópase en Santander na casa duns tíos, onde está a pasar as vacacións de verán. O mozo está desesperado, na casa non hai televisión (como en case ningún fogar a altura de 1969) e el precisa unha como sexa. Seguir lendo Buscando un beso a medianoche, de Alex Holdridge
Boyhood, de Richard Linklater
Xerardo AgraFoxo. Cada ano, durante máis dunha década, este director de Houston (1960), reuniu o mesmo reparto para dar vida a unha familia da clase media norteamericana. En tres horas de película condensa 39 días de rodaxe, entre 2002 e 2013, onde coñecemos as medras dun cativo dende os catro anos ata os dezaoito, cando entra na universidade. Neste curioso experimento cinematográfico concíbese unha trama –ás veces, enervante; outras, cómica– que ten como principal protagonista a Manson (Ellar Coltrane), os seus pais que están separados, Ethan Hawke (músico frustrado, irresponsable e entrañable) e Patricia Arquette (dura e forte, algo neurótica e doada de manipular), e a irmá do rapaz, Loreli (moi ben interpretada pola filla do realizador). Seguir lendo Boyhood, de Richard Linklater
Dous días, unha noite, dos infalibles irmáns Dardenne
Antón Riveiro Coello. Os cineastas belgas Jean-Pierre e Luc Dardenne nunca defraudan. Estes dous irmáns dirixen e producen as súas películas a catro mans e toda a súa filmografía está tocada pola maxia e o recoñecemento. Os seus primeiros pasos foron dados no documental e iso nótase porque nas súas películas hai sempre esa sinxeleza espida que vén da reportaxe. A promesa, Rosetta, O fillo, O neno, O silencio de Lorna ou O neno da bicicleta son películas aparentemente sinxelas que sempre nos deixan abraiados. Todas elas son un bo exemplo de cine que non precisa de grandes producións económicas e iso afonda na orixinalidade das súas propostas que a crítica especializada adoita valorar Seguir lendo Dous días, unha noite, dos infalibles irmáns Dardenne