Arquivo da categoría: Cine

Bailar sentado

ida3X. Ricardo Losada. Na película homónima, Ida é unha novicia orfa que pasou toda a vida nun convento. Antes de converterse en monxa, como proba da firmeza da súa fe, a madre superiora dille que pase unha temporada con Wanda, unha tía da que nunca oíra falar. Wanda, que loitou contra o nazismo, leva unha vida licenciosa para soportar o réxime comunista polaco co que colabora. Revélalle a Ida que é xudía e que os pais foron asasinados polos veciños durante a II Guerra Mundial para quedar cos bens, e acompáñaa ao seu pobo natal. Alí conseguen que o asasino lles revele o lugar onde foron enterrados, desentérranos, e entérranos nun cemiterio xudeu. Ao mesmo tempo, Ida coñece un mozo saxofonista, e acaba facendo o amor con el. Seguir lendo Bailar sentado

Ida, de Pawel Pawlikowski

idaAntón Riveiro Coello. Son poucos os que, cando revisan a historia dolorosa dun país, atopan o punto exacto de distancia para amosar unha ollada non contaminada polo odio e o rancor nin por liñas claras de quen son os verdugos ou as vítimas. Pawel Pawlikowski foi quen de o conseguir con esta fermosísima película que se somerxe “sen didactimos nin ira” nunha Polonia do ano 1962. Cunha visión limpa das feridas máis notables do seu país, regálanos un conto protagonizado por unha novicia a piques de profesar os seus votos. Ida, que é como se chama a moza, terá que vivir uns días co seu único parente que lle queda despois da invasión nazi: Wanda Seguir lendo Ida, de Pawel Pawlikowski

Ao fío do mañá, de Doug Liman

al_filo_del_manana-cartel-5562Gonzalo Trasbach. Confeso que entrei no cine coa mosca trala orella. Pero tamén saín bastante contento. Non vira unha xoia cinematográfica. Pero si unha cinta moi entretida. Así me resultou Ao fío do mañá, un filme cuxa trama me lembrou a Código fonte (2011), o traballo no que Duncan Jones usaba con gran pericia a peripecia dun heroe atónito enfrontado á necesidade de morrer unha e outra vez para abortar un atentado nun tren.

O filme do que falamos arestora xoga cunha tese semellante. O noso (anti)heroe esperta a véspera do día D nun campamento militar. Pasa a noite en capela antes da batalla, á que é botado literalmente, e que os aliados perden. Seguir lendo Ao fío do mañá, de Doug Liman

Violeta Parra… de Andrés Wood

violetaXerardo AgraFoxo. Violeta… cantautora comprometida (“berra antes de cantar”), muller alegre e divertida (“grazas á vida que meu deu tanto”), amante posesiva (“ o amor destrúe, e mata”), infancia triste, viaxeira consumada (“quero estar alí, pero estou aquí”), ollada enérxica, personaxe arisca,  temperamento apaixonado  (“amo os remuíños”) e persoa apegada á súa terra (“nada máis fermoso que as cousas rústicas”). Así, coa súa voz sufrida, coa forza arreminada das súas palabras e unhas imaxes de Chile realmente evocadores –paisaxes ermas, escolas decrépitas, estradas poeirentas, mineiros explotados e familias abandonadas–  contemplamos impávidos como a vida pasou coma un lóstrego por diante da cantante chilena.

Seguir lendo Violeta Parra… de Andrés Wood