Arquivo da categoría: Cine

La jaula de oro, de Diego Quemada-Díez

la jaula de oro 1Antón Riveiro Coello. Ultimamente non saio de México. Hai uns días falaba de películas que, con notable acerto, abordan o tema da violencia derivada do crime organizado no interior do país mexicano. Tal era o caso de El infierno, de Luis Estrada ou Heli, de Amat Escalante. Mesmo unha recomendación do amigo David Pérez Iglesias levoume ao documental El sicario. Room 164, do italiano Gianfranco Rosi, que recolle o relato terrorífico dun membro do cártel do narcotráfico de Ciudad Juárez. Hoxe traio aquí a película La jaula de oro, dirixida por Diego Quemada-Díez e premiada en numerosos festivais pola frescura dunha proposta ben interesante que volve de novo á violencia, mais desta volta a unha violencia nova  Seguir lendo La jaula de oro, de Diego Quemada-Díez

Taka Iimura e a temporalidade

Taka Iimura ante a sua White Calligraphy na (S8) 5ª Mostra de Cinema Periférico (Foto: María Messeguer)
Taka Iimura ante a sua White Calligraphy na (S8) 5ª Mostra de Cinema Periférico (Foto: María Messeguer)

Alberte Pagán. O cineasta japonês Taka Iimura estivo estes dias no (S8) 5ª Mostra de Cinema Periférico da Corunha, umha oportunidade excepcional para revisitar da sua mao e no formato original a sua exigente e fermosa filmografia (ou, para quem desconheça a sua obra, oportunidade única de descobri-la de primeira mao). Seguir lendo Taka Iimura e a temporalidade

Philomena

Philomena-OG-BadgeAgustín Agra. Hai xa anos, non sei cantos con exactitude –quizais uns dez– enviei ao arcebispado unha solicitude de apostasía –fun bautizado, como tantos, con apenas uns meses, mais unha vez acadada a idade na que puiden decidir por min mesmo abxurei de toda relación coa Igrexa–. Este día, vendo a película Philomena –baseada nun caso real– do realizador inglés Stephen Frears, recordei que, malia o tempo transcorrido, aínda non recibín resposta. Seguir lendo Philomena

Heli, de Amat Escalante

heliAntón Riveiro Coello. Mentres vía Heli, de Amat Escalante, co estómago encollido, constantemente viña á miña memoria a película mexicana El infierno, de Luis Estrada, unha cinta magnífica que trata da corrupción e da violencia que golpea o país. Nesa película o protagonista intenta liberar un sobriño das gadoupas do narcotráfico e finalmente el tamén se ve involucrado no mundo escuro dun negocio tan violento e estendido en México como é o da droga. En Heli hai connotacións parellas tanto no argumento como na dureza explícita das imaxes, aínda que na película de Amat Escalante dáse un paso máis e o comezo xa é un axuste de contas no que uns homes colgan a outro dunha ponte. Seguir lendo Heli, de Amat Escalante