Xerardo AgraFoxo. A película comeza en 1960, cando o Mossad secuestra a Adolf Eichmann, responsable da “solución final”. Cando un ano despois comeza o xuízo en Xerusalen, Hannah Arendt, a escritora xudía, asiste ao proceso como correspondente do New Yorker. A película reflicte o conflito que xeraron no mundo universitario americano, onde ela residía como profesora exiliada, as súas crónicas. Así, mentres o fiscal do caso, consideraba a Eichmann coma un monstro ao servizo dun réxime criminal e un home que odiaba o pobo xudeu dun xeito patolóxico, Hannah Arendt cría que só era un home disciplinado, un ambicioso burócrata e un ser produto do tempo que lle tocou vivir. Seguir lendo Hannah Arendt, de Margarethe Von Trotta
Arquivo da categoría: Cine
O pasado, de Asghar Farhadi
Antón Riveiro Coello. O meu primeiro contacto con este director iraniano produciuse con A propósito de Elly, aquela excursión de tres días ao Mar Caspio na que un grupo de amigos se enredan nunha inquietante historia chea de humor, drama e mesmo denuncia social. Fiquei abraiado co oficio do director e convertinme nun seguidor tan fiel que puxen sobre aviso a moitos dos meus amigos para que estivesen atentos á carreira de Asghar Farhadi. E cando triunfou no mundo, máis concretamente nos Óscars, en Berlín ou nos Globos de Ouro, con esa alfaia chamada Nader e Simin, confirmábase o seu talento e eu vía premiado así o meu agoiro, aínda que descubrir o que está descuberto non ten ningún mérito. Seguir lendo O pasado, de Asghar Farhadi
Carmina o Revienta. Cine 15M
Alberto García. Esta crise que vivimos está cambiando moitísimas cousas, entre elas, a industria cultural. As industrias culturais sofren varias crises: o desleixo actual dos poderes públicos no apoio á cultura, o descenso xeral do consumo (tamén o cultural) e sobre todo un cambio profundo no modelo de negocio derivado da cultura dixital e dos novos usos culturais. O audiovisual é un exemplo perfecto de como unha industria enteira se ve obrigada a transformarse radicalmente en poucos anos. Hai non moito tempo, había unha industria estruturada (á vella usanza), unha elite que controlaba a produción, con axudas estatais, outra elite que controlaba a distribución e a promoción, Seguir lendo Carmina o Revienta. Cine 15M
O gran hotel Budapest
J. Carou. Stefan Zweig suicidouse coa súa segunda muller, Lotte, o vinte e dous de febreiro de mil novecentos corenta e dous en Petrópolis, moi preto de Río de Janeiro. Inxeriron o veleno convencidos de que a súa “patria espiritual”, Europa, se devoraba a si mesma e de que o nazismo acabaría apoderándose de todo o planeta. Por propia vontade e coa mente clara, segundo escribe na súa declaraçao de despedida deste mundo, o prolífico escritor austríaco de ascendencia xudía recoñece a súa imposibilidade e a da súa dona para reconstruíren a vida pasados os sesenta anos de idade. A súa lingua e a cultura da que foi excelso biógrafo intelectual estaban a asinar o xenocidio da humanidade. Seguir lendo O gran hotel Budapest