Antón Riveiro Coello. Woody, un vello alcohólico, autista, desmemoriado, demente… teima en ir até Lincoln para cobrar un premio-estafa dun millón de dólares. Esta é a proposta inicial desta road-movie, unha viaxe de mil quilómetros entre Montana e Nebraska, unha viaxe á Norteamérica profunda. Hai certas connotacións parellas con Unha historia verdadeira, de David Lynch, na que un anciano tamén enfermo decide visitar o seu irmán e vai dende Iowa até Wisconsin (cincocentos quilómetros) nun matraquillo de cortar o céspede. Son propostas semellantes, envoltas nun fino verniz de tenrura, conxugando con habilidade o humor e a traxedia desas vidas nas que naufraga o soño americano.
Seguir lendo Nebraska, de Alexander Payne
Arquivo da categoría: Cine
“Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul
Gonzalo Trasbach. Detroit. Ano 1965. Dous afamados produtores musicais camiñan polas calellas estreitas e escuras da cidade. Entran nun bar ateigado de xente nova e atoparon no escenario un mozo de aspecto chicano tocando a guitarra e cantando. Interpretaba cancións propias. Falan con el. Arránxano todo para gravar un disco e lanzalo á fama. Mais o éxito nunca chegou, agás nun sitio: nunha Sudáfrica pechada polo Apartheid, onde os seus discos corren de man en man. Seguir lendo “Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul
La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino
Gonzalo Trasbach. Cunha secuencia máxica, hipnótica, a festa do 65 aniversario do protagonista, nun marabilloso ático ao carón do Coliseo Romano, arranca La grande bellezza, o filme de Sorrentino que, ademais de ateigado de frases memorables, diálogos desternillantes, e de estampas dunha beleza desbordante, cegadora, é unha ácida reflexión sobre o sentido que aínda ten, nos nosos escenarios ultrailuminados, respirar, amar ou odiar.
O director, Paolo Sorrentino, e o personaxe principal Jep Gambardella (Toni Servillo) parecen estar de acordo nisto: somos histriónicos porque tememos o baleiro, o sen sentido, o silencio de vivir. Disto, o desenfreo social e non só de noite. Seguir lendo La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino
Charlot contra Ali G
X. Ricardo Losada. Hai uns días uns alumnos de 2º da ESO, deses que algúns profesores consideran malotes, pedíronme que puxese en clase unha película dun para min descoñecido Ali G. Fun a Youtube e comprobei o que xa agardaba. Ali G era un outsider que, de forma descarada (drogas, peidos e tacos), criticaba os tabús ben pensantes. Non cheguei a ver a película pero recoñecinlle aos alumnos que gustara das irreverentes pero xeniais entrevistas que Ali G fai a personaxes famosos da ciencia, a relixión ou o fútbol.
Non sei se por agradecemento ou por vinganza, decidín pór nese grupo a película de Charles Chaplin The Kid. Seguir lendo Charlot contra Ali G