Arquivo da categoría: Cine

La grande bellezza, de Paolo Sorrentino

La_gran_belleza-366210175-largeJ. Carou. Non deixa de ser unha tentativa estéril a consecución do sublime. Por inalcanzábel.  Aínda que ás veces suceda. Case sempre un azar. Discutíbel, sempre sometida a arte a preferencias, gustos e modas. Un escritor pode selo dun só libro. Dunha novela de xuventude oupada pola inusual conxunción de crítica e público á cima dunha promesa. Sempre o mellor aínda por vir. Narradores íntimos de aí en diante, privados. Habitantes de palabras pensadas, precisas. Individuos que demoran o seu xenio literario na efémera eternidade doutras vocacións menos vergoñentas. No seu caso, menos sinceras. Talentosos e capaces, atenazados pola esixencia e a preguiza. Polo desánimo dos días.  Da vida, sempre tan de mentira. Seguir lendo La grande bellezza, de Paolo Sorrentino

Inside Llewyn Davis, dos irmáns Coen

InsideLlewynDavis_posterAntón Riveiro Coello. Estamos a finais dos anos cincuenta e primeiros dos sesenta. Ao Greenwich Village chegan músicos arrastrados polos soños de acadar unha carreira musical. E Inside Llewyn Davis recolle os momentos anteriores á aparición do propio Bob Dylan, que concretará nel mesmo todas esas voces que o precederon e lle abriron o camiño do éxito, voces interesantes que se cadra non tiveron a sona merecida como é o caso deste mozo que protagoniza a película, un tal Llewyn Davis inspirado na vida do músico Dave Van Ronk, autor dunha fermosa canción como é Hang me, Oh Hang me, pola que xa paga a pena ver esta película. Seguir lendo Inside Llewyn Davis, dos irmáns Coen

The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen

Alabama_Monroe-251491699-largeJ. Carou. De igual maneira que o feito supraordinario do namoramento queda excluído do ámbito da racionalidade, así a perda dun fillo excede calquera posibilidade real  de rehabilitación emocional. O amor acostuma  ser materia predilecta de demolición divina. Toda morte dun ser querido un acto de humillación extremo do sentido da vida humana. E nada máis sagrado para uns pais que o porvir, en sentido literal, dos seus fillos. Infindamente máis ca calquera divindade probábel. A existencia non pode ser outra cousa que devezo por construír, que desexo de amar. Fóra disto non hai dignidade, só aparencia. Algúns universos zumegan desgraza, como o da parella de namorados protagonistas do filme. Seguir lendo The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen

Os diarios de Poll, de Chris Kraus

Los diarios de PollAntón Riveiro Coello. Hai cine que, por desgraza, nunca chega ás salas comerciais, como hai literatura que nunca chega aos andeis das librarías. Realmente é unha mágoa. Por sorte, Internet posibilita o acceso a películas que, malia percorreren con éxito distintos festivais, nunca se estrean nos poucos cines que quedan no país. Tal é o caso de Os diarios de Poll, terceira entrega do director alemán Chris Kraus (1963), que xa sorprendera con Catro minutos (2006), onde amosaba dotes para a dirección e unha técnica exquisita. Desta volta, Os diarios de Poll resulta unha película estrañamente fermosa, baseada nas memorias da poeta Oda Schaefer (1900-1988) cando, encetada a Primeira Guerra Mundial, Seguir lendo Os diarios de Poll, de Chris Kraus