Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Do inefable e do indicible

monxe1Fidel Vidal. Enric Laurent advirte que na obra de Freud non se atopa unha referencia clara nin especial sobre a mística. O único comentario de Freud data do ano 1905, na famosa conversa con Jung, ante as dúbidas que atrancaban a este sobre as teorías da libido: o feito de que, ante o illamento dos monxes no seu retiro na práctica eremítica, estes suxeitos liberados do mundo, non terían ningún desexo. Seguir lendo Do inefable e do indicible

Do inefable

san juanFidel Vidal. Velaquí unha das procuras sobre a palabra para describir e dicir aquilo que non se pode dicir, a palabra sen fala, o inefable: ningunha palabra nin concepto humano pode describir axeitadamente a Deus. Dionisio sostiña que a medida que o home se ía achegando a El, a escuridade que atopaba era cada vez máis grande. E para conseguir ese achegamento debería ignorar os seus desexos e percorrer un camiño de escuridade. O que nos remite, en último termo, ao símbolo central da poesía de san Juan de la Cruz: a “noche oscura.” (Colin Thompson, O poeta e o místico) Seguir lendo Do inefable

Inocencia e segredos do silencio

misticismoFidel Vidal. Se algo define ao místico é a denominada experiencia extrema da unión. Esta unión pertence ao mundo interior. O místico non quere coñecer, o místico quere ser, en tanto que incompleto, é dicir, como non-ser (María Zambrano, Claros del bosque). A alma de quen se fai místico non pode proseguir na natureza nin tampouco no coñecemento, nin sequera -de aquí esta profunda contradición na figura de frei Juan de la Cruz- na poesía. Necesita saír do pozo da súa soidade “aínda que lle custe o non ser cando xa teña saído.” Seguir lendo Inocencia e segredos do silencio

As palabras prestadas e as buscadas

noche-oscura-del-alma-san-juan-de-la-cruzFidel Vidal. As verbas son a materia para dicir, e transfórmanse na substancia dos síntomas ao formaren a trama que constitúe o relato da vida e o tormento dos seres humanos. No caso dun místico como frei Juan, segundo María Zambrano (San Juan de la Cruz, da noite escura á máis clara mística), a voz humana quedou atrás e atrás a persoa mesma. Que pasou en todo iso? A existencia de san Juan é un non existir. O seu ser, resultado do desexo, ao final, é lograr non-ser. A case segura pertenza do santo a unha familia de conversos, e da perda do seu pai, explica trazos importantes da súa personalidade, non só polo que supón de condicionamento interno, senón polas presións ás que foi dobregado por unha sociedade sensibilizada ante tal feito. Seguir lendo As palabras prestadas e as buscadas