Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Os perigos reais da tradución

babelFidel Vidal. George Steiner (Despois de Babel) adiántase cando afirma que todo movemento de saber leva implícito unha tradución. Somos conscientes do risco que pode traernos un determinado saber, ou mesmo unha decepción, como sucedeu coa celebración da Santa Misa no paso do latín (as “divinas palabras”) á fala dos comúns en canto as verbas, até ese momento atrapadas na ignorancia, perderan todo misterio. Como tamén sabemos do perigoso que resulta atreverse cunha tradución, sobre todo se esta acontece no século XVI, e máis se vai de textos bíblicos. Aí está frei Luís de León como mostra. Seguir lendo Os perigos reais da tradución

Represión sexual e literatura

represion1Fidel Vidal. En conversas con Freud, e fascinado pola historia das relixións, Jung dicíalle que algo atrancaba as súas teorías da libido: o feito da existencia de eremitas onde no seu retiro, por mor do illamento, o monxe é liberado do mundo e dos desexos, e de calquera outra pantasma. Freud non dubida en responder que afastarse do mundo non implica necesariamente ningún retiro da libido, senón ao revés. O monxe non retira as súas investiduras do mundo, distánciase del mais para se interesar no mundo. Aí está a literatura monástica que o confirma. Seguir lendo Represión sexual e literatura

Lectura e gozo: o auténtico saber

lectura1Fidel Vidal. O feito de ler non supón ningunha obriga de comprensión. Primeiro é preciso ler. Ou escoitar. Non en poucas ocasións abonda con iso, con poñer atención (pensemos por exemplo nunha sinfonía). A escoita sería suficiente para “participar do gozo musical sen outra necesidade máis alá da aceptación do propio gozo melódico e, se acaso, de a escoitar outra vez”. Así acontece co gozo da palabra poética. Un gozo desde o lugar de onde a palabra fala, de onde a palabra escoita a fala. Seguir lendo Lectura e gozo: o auténtico saber

Poema á duración, de Peter Handke (II)

handke3Fidel Vidal. Poucas semanas despois do suicidio da súa nai por sobredose de narcóticos en 1972, Peter Handke escribiu un texto con este radical e sorprendente título: Desgraza impeorable. O porvir que a morte nos ofrece –di Levinas-, o porvir do acontecemento, aínda non é o tempo. Xa que logo trátase dun futuro para ninguén, un futuro que non pode asumir o home. Entre o presente e a morte media un abismo, unha marxe ao mesmo tempo infinito e insignificante.

“Aquel que non soubo o que é a duración non viviu.” É a proposta a un convite por unha nova vida. (P. Handke).  Ocorre a duración/ cando no cativo,/ que xa non é un neno/ -xa talvez un ancián,-/ reencontre os ollos do neno. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (II)