Represión sexual e literatura

represion1Fidel Vidal. En conversas con Freud, e fascinado pola historia das relixións, Jung dicíalle que algo atrancaba as súas teorías da libido: o feito da existencia de eremitas onde no seu retiro, por mor do illamento, o monxe é liberado do mundo e dos desexos, e de calquera outra pantasma. Freud non dubida en responder que afastarse do mundo non implica necesariamente ningún retiro da libido, senón ao revés. O monxe non retira as súas investiduras do mundo, distánciase del mais para se interesar no mundo. Aí está a literatura monástica que o confirma.

A literatura española dos séculos XVI e XVII reflicte, explicitamente ou por omisión, a sistemática represión da sensualidade hispanoárabe. O cristianismo, di Xavier Domingo, “tende cada vez máis a excluír o sexo totalmente, a negalo”. Para o cristianismo, todo canto concirne ao sexo é nefasto e pode contaminar a alma. A partir dos Reis Católicos o sexo devén, para os escritores españois, obxecto de expulsión e de odio. Nietzsche, no Anticristo, recorda cal foi a primeira disposición adoptada polos monarcas casteláns despois da conquista de Córdoba: pechar os estabelecementos de baños públicos. Azuar de Córdoba xustifica o catastrófico e porcallán decreto real baseándose en que os mouriscos “son torpes”, “brutos”, “amigos de entretementos”, “efeminados” e “entregados ao vicio da carne.”

Unha obra como La Celestina, explica Juan Goytisolo en España y los españoles, púidose divulgar nun momento en que o Santo Oficio aínda non controlaba totalmente a vida e a conciencia dos españois. Mais, desde mediados do século XVI, o amor carnal desaparece do horizonte da nosa literatura. A represión sexual en España “fúndase non nas razóns económico-sociais (antinomía libido-produtividade) que fundamentan o proceso de acumulación capitalista e implican a condena do desbarate aristocrático (desde os gastos suntuarios ao ‘exceso’ barroco), senón en factores de orde inmanente e existencial, co designio latente de encerrar o individuo nunha problemática sen saída e de crear unha conciencia enferma que o vincula ao ámbito da vida privada e incapacítao para toda actividade social adulta e libre.”

represion2Nesa altura o sexo resultou ser a causa de todos os males. Por culpa dun luxurioso chamado D. Rodrigo –consultádeo con D. Julián-, os españois perderon para sempre a inocencia: “vítimas do sexo, a maldición divina imponlle a súa presenza como a dunha cruz, igual ca un tormento do que só a morte os pode liberar.”

Lembremos os temores sobre a práctica da masturbación. Persistiron até finais do século XIX como posible causa de enfermidades cerebrais irreversibles e impotencia. Riscos avalados por un tándem altamente perigoso como é o formado por curas á par dos médicos. Falaban de pecado e vicio. O inferno e as patoloxías ao axexo. Malia ás terribles ameazas os mozos seguían masturbándose. Máis adiante os médicos, desde a mirada científica, viñeron aliviar o asunto para dicir que nunha certa época da vida, mesmo podería ser beneficioso: un xeito de “descargar” tensións e enerxías derivadas dunha acumulación de pulsións, en suma, podería integrarse no capítulo do fisiolóxico. Nunca admitiron que a masturbación mantívose unicamente polo gusto que proporciona. A causa é o pracer, o gozo, xamais unha descarga como sobrante enerxético do organismo. As descargas ou son eléctricas ou de mercadorías en lonxas. Estas si poden traer graves consecuencias para o cerebro e, maiormente, para a columna vertebral.

4 comentarios en “Represión sexual e literatura

    1. Non me queda outra que darvos as grazas, tanto a Magdalena como a Carmen, grazas por ler os meus artigos e meditar sobre os mesmos, e polas vosas interesantísimas aportacións que. por outra banda, completan a miña achega.
      Saúde e que Deus nos libre a todos de vellos e novos prexuízos.

  1. No quiero meterme en elucubraciones sobre la vida sexual de los eremitas- no es tema que me interese demasiado ni del que pudiese decir mucho en unas pocas líneas-; pero pienso que, en ese sentido, debieron pasarlo bastante peor que cuando andaban inmersos en el mundanal ruido: está claro que en la vida retirada se dispone de más tiempo para echar a volar la imaginación. Si mal no recuerdo, el mismísimo Zaratustra -o Nietzsche por boca de Zaratustra -decía algo así como que “esa perra llamada sensualidad” se presenta en cualquier parte aunque no la llames.
    Lo que nunca entendí es por qué la Iglesia le puso tantas trabas el sexo – en ocasiones hasta dentro del propio matrimonio- viendo lo que estaba ocurriendo con tantos tonsurados. Sin ir más allá: el papa Borgia, por citar algún peso pesado. Es algo que nunca entenderé.
    Hay dos razones que me impiden profundizar más en el tema que tan bien expones: la falta de tiempo, del que siempre ando escasa, y algunas reminiscencias de la educación recibida que me impiden llamar al pan, pan y al vino, vino (por expresarlo en lenguaje llano).
    A pesar de todo me considero católica, practicante y convencida, aunque abierta a cualquier credo que predique la igualdad y rechace la maldad entre las personas.
    A todos los que tomáis parte en este blog,

    BOAS NOITES

  2. Querido Fidel: El tema que hoy nos regalas es para mí harto complicado, me encanta contestar siempre a tus artículos pero, como sabes mis entendederas son de poco alcance y el artículo de hoy es para gente con la pesquis muy despierta. De todos modos voy a tratar de cubrir el inmaculado ¿ papel ? con unos pensamientos sobre el tema.
    Isabel de Castilla : la reina que montaba mucho, mandó cerrar los baños públicos para que las mozas de la plebe no tuvieran donde lavarse porque así, su camisa pegada siete años a su regia epidermis no desentonaba olfativamente con las de aquellas con las que su real esposo satisfacía su libidinosa carencia. ( Dicen que dejó por allí algunos hijos naturales ). Esa fue la razón. ( la de no dejar que se aseasen) Creo que Nietzsche fue muy mal pensado.
    Referente a lo que explica Juan Goytisolo de La Celestina, seguramente así sería pues, Cervantes Resaltó esta frase tan hermosa de la citada novela: ” Libro a mi entender divino si encubriera más lo humano ” yo pienso que el escritor hizo muy bien en no encubrir nada. Restaría a lo que nada le sobraba. Por tanto, con los mangas verdes don Fernando de Rojas pudo decir encantado: -” A buenas horas…”
    Y para finalizar, referente a la última parte diré : La libertad es el derecho a hacer lo que no perjudique a los demás.
    Besiños palmeiráns. Que teñas unha boa noite sen ningún prexuizo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *