Arquivo da categoría: Fidel Vidal

O mestre Rothko: empecemos pola cor

rotkho1Fidel Vidal. O 25 de febreiro de 1970 Mark Rothko apareceu morto no baño do seu taller, na rúa 69 do East Side de Manhattan. Atopouno o seu asistente Oliver Steindecker. Estaba tombado sobre un charco de sangue cos pulsos abertos por profundos cortes realizados cunha folla de afeitar. A autopsia demostrou ademais unha sobredose de fármacos. Polo visto, Rothko suicidouse asegurando ben a súa morte. Detrás deste tráxico falecemento -case unha forma, se me permiten a licenza, dun íntimo asasinato máis que dun suicidio-, hai un home extremadamente sensíbel e mirado pola educación dos seus alumnos en cuestións de arte. Seguir lendo O mestre Rothko: empecemos pola cor

Bacon en Bilbao: a crítica destrutiva

bacon1Fidel Vidal. Unha vez no mostrador do Museo, ao coñecer a nosa procedencia cara á estatística, a recepcionista que nos atendeu deseguido ofreceunos a posibilidade de recollermos a Revista informativa de benvida (Guggenheim Bilbao XX, 1997-2017) en lingua galega. Un detalle que foi acompañado, cando xa entrabamos á exposición, dun “Bos días”.  Nas luminosas e amplas salas do segundo andar do Guggenheim de Bilbao está colgada unha selección duns cincuenta cadros, “dos máis importantes e atractivos” de Bacon, “incluíndo numerosos traballos que apenas se exhibiron” acompañados, de forma didáctica e instrutiva, dunha “trintena de obras de distintos mestres clásicos e modernos que influíron na súa carreira”. Seguir lendo Bacon en Bilbao: a crítica destrutiva

A poesía tráema frouxa

gideFidel Vidal. Os apuntamentos que seguen son tirados do Diario (Journal) de Gide (selección, tradución e prólogo de Laura Freixas, 2004). Sorprendéronme en especial aqueles referidos a Paul Valéry, o autor de Monsieur Teste (quen tamén “receaba da literatura e dos traballos máis precisos da poesía”) e que, talvez despois dun curto repaso por eles con aires contiñeiros, me sirvan para comprender mellor esa excelente e singular obra. Malia a manifesta homosexualidade, ou por iso mesmo, Gide compárase (ou identifícase) con Edipo. Contrae matrimonio coa súa curmá Madeleine (dous anos maior) que para el supón casar cunha reprodución da súa propia nai. Seguir lendo A poesía tráema frouxa

O caso Maiakovski, de Roman Jakobson

maiakFidel Vidal. Segundo Roman Jakobson, tal como propuxo en 1919, se os estudos literarios pretenden ser unha ciencia, deben recoñecer no procedemento o seu único personaxe. As súas investigacións non se limitan á obra individual, senón que tamén abranguen “estruturas narrativas, estilísticas, rítmicas, sonoras, sen excluír a evolución literaria, a relación entre literatura e sociedade, etcétera”. (T. Todorov e outros, 1972). Desde o comezo con “Unha labazada ao gusto social” até as súas derradeiras liñas, a obra de Maiakovski, “o tamborileiro da Revolución de Outubro”, é unha e indivisible, pertence ao desenvolvemento dinámico dun único tema. Seguir lendo O caso Maiakovski, de Roman Jakobson