Fidel Vidal. Salvador Dalí, malia o seu método paranoicocrítico e os seus espaventos teatrais, non padece de síntoma ningún, porque é el, o propio Dalí, o verdadeiro síntoma (na liña do “sinthome” -“saint” “Tomás”- de Lacan, lugar onde se unen o real, o imaxinario e o simbólico). Pertence a ese grupo de persoas que son quen de se faceren cun “nome”. De pequeno Dalí quería ser Napoleón e disfrazábase de rei. No seu apoxeo creador píntase nun autorretrato como unha nena na praia levantando o mar por unha esquina. Xa maior goza posando sentado nun trono coroado. Seguir lendo Dalí como síntoma
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Dalí como escusa
Fidel Vidal. Un dos espazos máis enriquecidos en 2007 do Museo Nacional Reina Sofía, foi o dedicado ao surrealismo con obras como Monumento imperial á muller nena que representa a descomposición da materia, O enigma sen fin a simulación, ou O gran masturbador, nunha das súas grandes obsesiones sexuais, onde Dalí aparece como a principal estrela. Seguir lendo Dalí como escusa
Whitman / Pessoa
Fidel Vidal. Son moitos os autores para os que, na orixe dos heterónimos de Pessoa, gaña peso un diálogo a tres bandas: entre a alma, o Eu poético e o propio home de carne e óso, tal como acontece no Canto a min mesmo de Walt Whitman. Non foi só un poeta o que Pessoa encontrou en Walt Whitman, senón dous, e ao mesmo tempo unha multiplicidade inmanente deles, até o punto de que a visión de Whitman é a visión mesma da diferenza e da multiplicidade cantadas por si mesmas. O “ser diferente” e o “ser múltiplo” denotan o carácter de todos os existentes, e constitúen por iso a auténtica riqueza do Todo que de nada é formado senón de partes como nunha sinfonía. Seguir lendo Whitman / Pessoa
Historia do nobre Ponto
Fidel Vidal. Ler a Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Rinoceronte, 2016), un libro de cabalería que no seu día supuxo un auténtico best-seller en toda Europa, resulta unha ledicia e unha experiencia pola que paga a pena pasar, sexamos ou non afeccionados ou expertos medievalistas. Grazas a Compostela e ao apóstolo, Galiza era coñecida naquel tempo. Mesmo aparece nos máis importantes autores da Idade Media como na Divina Comedia de Dante, nas poesías de Rutebeuf, nos Contos de Canterbury de Chaucer… Esta obra, a Historia do nobre Ponto, con resonancias de oralidade que lle dan frescura ao relato, é de autoría descoñecida, se ben a súa composición apúntase ligada á familia La Tour de Landry. Seguir lendo Historia do nobre Ponto