Pilar Sampedro. Ás veces faise tarde a homenaxe e, tamén, o comentario sobre a mesma.Morrera Docampo a finais do curso pasado. Case un ano máis tarde xuntámonos unha serie de entidades para celebralo, tal como toca facelo cun escritor: lendo a súa obra. Seguir lendo Homenaxe a Xabier Docampo
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
De escola e innovación…
Pilar Sampedro. Hai unhas semanas, a Revista Galega de Educación e o Ateneo de Santiago organizaron unha mesa redonda con catro profesionais de recoñecido prestixio, baixo o título “A escola que construímos”. Tratábase de falar acerca das dificultades e oportunidades para educar neste contexto político, social, tecnolóxico, lingüístico…; da presenza dunha escola innovadora na Galicia actual Seguir lendo De escola e innovación…
Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida
Pilar Sampedro. Non homenaxear a don Ricardo era rebaixar a Real Academia Galega, era falar de vinganza porque alguén non lle podía perdoar algo, era falar de medo porque alguén o temía aínda despois de morto. Cando iso pasa, hai que preocuparse. Eu non vou falar dos seus méritos, veranse unha e outra vez ao longo do ano, a ninguén se lle ocorreu ata o de agora negalo pola falta de valía Seguir lendo Carballo Calero ou Carbalho Calero, á oitava foi a vencida
Comercio local – Comercio global
Pilar Sampedro. Semella necesario falar do comercio de proximidade fronte ao perigo do chamado comercio global, de hipermercado ou outros modelos homoxeneizantes. Na capital de Galicia o problema é realmente atafegante. Día a día van desaparecendo os comercios emblemáticos, os de sempre, aqueles que mantiñan a historia común Seguir lendo Comercio local – Comercio global