Pilar Sampedro. 25 anos non son nada. Pois si, pasaron 25 anos desde a primeira edición do libro Rapazas de Agustín Fernández Paz. Un libro de referencia para o tratamento de xénero dentro da literatura infantil e xuvenil galega. Dende o propio título, o autor fainas presentes, visibilízaas e quere dirixirse a elas para falarlles das súas inquietudes a respecto da desigualdade entre homes e mulleres na sociedade. Tratase dun libro de relatos. Todos eles protagonizados por rapazas, nesa etapa fronteiriza da adolescencia. Seguir lendo Rapazas, de Agustín Fernández Paz
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Biografías de mulleres notables para a infancia
Pilar Sampedro. As rapazas precisan modelos de mulleres que ocupan o espazo público ao longo da Historia, mulleres que se adiantaron ao seu tempo e son espellos nos que mirarse as nenas de hoxe. Esas mulleres foron invisibilizadas no pasado, polo que debemos facer o esforzo por mostralas na actualidade. A iso responden certas selos de libros dirixidos á infancia. Seguir lendo Biografías de mulleres notables para a infancia
Marzo de Muller. Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIXG) pola Igualdade
Pilar Sampedro. Quixera continuar falando desas Rapazas tan respectadas por Agustín Fernández Paz e outros autores e autoras da nosa literatura. Quixera mostrar unha homenaxe a esas Rapazas da maneira que eu podo facer, é dicir, recollendo algúns dos libros que, ao meu parecer, usaron unha perspectiva de xénero no tratamento da muller. Un traballo que poida servirlles ás persoas mediadores de lectura e LIXG para seleccionar os fondos das súas bibliotecas, para mostrarlles á rapazada e para ler e reflexionar onde haxa ocasión de facelo. Marzo de Muller, vén sendo iso, unha oportunidade para avanzar na acción positiva que as rapazas necesitan para lograr a igualdade que se busca dende a noite dos tempos. Seguir lendo Marzo de Muller. Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIXG) pola Igualdade
Exposicións no Barbanza, Alfonso Rivero de Aguilar ou a lectura da pedra
Pilar Sampedro. Alfonso é escultor. Traballa a pedra; moitas veces faino con pedras semipreciosas como sucede coas asturianas pedras de Llanes ou Covadonga. Pero sempre as trata como se o fosen, como xoias que gardan un tesouro que o artista debe descubrir para poder intervilas. Escólleas, míraas, remíraas, admíraas, dálles a volta, xira arredor delas… e agarda, ata que a pedra colle confianza e se abre para mostrarlle o que quere ser. Trátase dun traballo a medias, no que o escultor escoita a pedra e a vai interpretando coa súa sintaxe, dando pasos lentamente para non traizoala, nun diálogo frutífero, nunha comunicación case espiritual. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Alfonso Rivero de Aguilar ou a lectura da pedra