Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Avilés… vinte e cinco anos despois (I)

aviles1Pilar Sampedro. Pasan os días converténdose en anos. Transcorre o tempo e un cuarto de século sepáranos daquela data na que o poeta decidiu irse co inverno, deixando a primavera nas nosas mans.

Enchéronse os camiños de Taramancos a Boa de xente de todo tipo. Homes e mulleres camiñaban detrás do home que metera nun corpo de mariñeiro a cultura e a erudición, a capacidade creativa e o compromiso intelectual.

Eu dixéralle o día anterior, a quen máis tarde se convertería en político: “Tes que ir a Taramancos, porque dentro de moitos anos… acordaraste”. Seguir lendo Avilés… vinte e cinco anos despois (I)

2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego

museo
No inmoble está a orixinal escaleira feita por Domingo de Andrade

Pilar Sampedro. O museo privado máis grande de Galicia está a cumprir corenta anos. Iso é algo que debe aledarnos a todos os galegos porque o museo, aínda pertencendo aos seus socios, naceu co fin de representarnos a todos. A actual campaña publicitaria non podería dicilo de maneira máis clara: «Igual que os Thyssen, os Rosthschild ou os Guggenheim… temos un museo» Seguir lendo 2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego

John Berger e a vulnerabilidade

porcaPilar Sampedro. Souben de John Berger e a súa obra Porca terra despois de ver Queda alguén aí?, o documental de Rafa Cid; aquela obra onde se enfrontaba o mundo dos vellos e o dos novos nun pobo condenado á desaparición, no que cando a xestión do monte veciñal produciu un superávit decidiran facer un tanatorio que mostraban aos visitantes a modo de visita guiada: “Mire, o noso tanatorio, de dous pisos”; e os rapaces apuntaban: “Ben podían deixarnos un deles para nós, que non temos onde meternos”. A morte como horizonte. Díxome Rafa: entenderás mellor o documental se les Porca terra; lino e fíxoseme a  luz Seguir lendo John Berger e a vulnerabilidade

Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (II) Berta Cáccamo

CACAPilar Sampedro. Se Eva Lootz ten a xenerosidade de mostrar os seus cadernos de traballo arredor do proxecto Volframio, Berta Cáccamo mostrará as fotografías que lle tocan a sensibilidade, e das que posible-mente nacerá algunha das obras poste-riores. A linguaxe poética terá nas dúas un papel importante porque Berta é de familia de escritores e editores Seguir lendo Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (II) Berta Cáccamo