Román Arén. Xa recomendei aquí o libro A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá (1993) de Caramés Martínez, que abrangue dende os antecedentes da Idade Antiga ata o século XVII, século este último no que se crea o grave prexuízo contra Galicia e os galegos. E se nos desprezaron, sobre todo, Góngora, Cervantes e Quevedo, non menos nos aldraxou Salas Barbadillo (1581-1635), un madrileño ao que uns chaman Alonso Jerónimo e outros Gregorio, do que se sabían poucos datos ata 1860. Amigo de Cervantes e de Lope, gabado por eles, é coñecido por La hija de Celestina (1612), novela picaresca que logo remodelou en La ingeniosa Elena (1614) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVI. Un inimigo: Salas Barbadillo
Arquivo da categoría: Ensaio
Ilhabela
Xerardo AgraFoxo. Deixoume nun lugar que se chamaba Vila, considerado como a capital municipal de Ilhabela. O seu centro era un claro exemplo da arquitectura colonial e imperial brasileira. As casas eran ananas, as cores das fachadas amosaban un balance equilibrado de tons azuis e brancos e as rúas eran simétricas. A vida transcorría entre o peirao e a estrada que fendía a illa pola costa oeste. Seguir lendo Ilhabela
De cárceres
Pilar Sampedro. Dicía Concepción Arenal (da que se está a cumprir o segundo centenario do seu nacemento) que, se hai algo máis penoso que os presos, son as presas, así se ve nas súas análises e tamén na película producida por Zaza Ceballos Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. O outro día, percorrendo o vello cárcere de Lugo, nunha visita guiada, puiden confirmalo. Explicaba a guía onde estaban as celas de mulleres e as de homes e as diferenzas entre ambas; como eles podían saír ao patio unhas horas ao día e elas non, como unicamente podían facelo para limpar as “letrinas” (tamén as dos homes). Seguir lendo De cárceres
Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte
Fidel Vidal. A historia da arte vén ateigada de obras anunciando heroes, deuses e deusas, paisaxes, bodegóns, escenas bíblicas, acontecementos memorables, ou retratos, moitos retratos -tanto pictóricos como escultóricos- de personaxes e persoeiros que algúns pagaron para seren inmortalizados nunha obra asinada por un artista. Lembremos cadros e esculturas con figuras tan transcendentes como Xesús Cristo en todas cantas escenas poidamos imaxinar, ou a Saulo caendo do cabalo, e Vicarios sentados en cadeiras papais, e reis e raíñas de toda caste. Seguir lendo Pinocho (I). De Deus a Geppetto: a metáfora da arte