X. Ricardo Losada. Unha persoa que vivise na Idade Media tería moi pouco que aprender se, de súpeto, fose trasladada á Tebra (Tomiño) de 1936, lugar e ano de nacemento do académico da RAG X.L. Franco Grande, pero unha persoa que vivise en 1936 e fose trasladada á Tebra de 2020, tería que resetear case completamente o disco duro do seu cerebro. Non recordo cal foi a música de fondo que xerou na miña mente a lectura de A ilusión da esperanza cando o lin a finais dos anos noventa, oito anos despois de ser publicado, pero esa que acabo de precisar é a música coa que o lin nesta nova edición, na que Franco Grande retrata corenta seis amigos Seguir lendo A ilusión da esperanza, de X. L. Franco Grande
Arquivo da categoría: Ensaio
Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac
Fidel Vidal. Cyrano de Bergerac (1619-1655) co seu extraordinario nariz, antes de o coñecer como autor soubemos del como personaxe de cine grazas a dúas películas baseadas na obra de teatro de Edmond Rostand. Unha de 1960 interpretado por José Ferrer e despois en 1990 por Gérard Dupardieu. Por iso resulta altamente atractivo entrar nos seus escritos que nos certifican a fantasía e agudeza da que é capaz o autor. Seguir lendo Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac
A música universal
Francisco Ant. Vidal Blanco. Hai uns días volvín a ver Psicoses en pantalla grande e volvín a sentir medo, a levantarme no asento en plan cabaleiro andante tratando de protexer á doncela cando a sombra do psicópata aparece ó outro lado da cortina do baño. Non sei que me metía máis medo, se a sombra en si ou a música que acompañaba a escena acelerándome o corazón. Seguir lendo A música universal Paco Casal, no Lustres Rivas
Antonio Piñeiro. Na sala do Centro Cultural Lustres Rivas estase a presentar a nova exposición de Paco Casal, con dúas facetas ben diferenciadas. Por unha banda, un grupo de obras de medio formato, sobre lenzo, nas que desprega a súa xa coñecida mestría paisaxística Seguir lendo Paco Casal, no Lustres Rivas