Arquivo da categoría: Ensaio

Valente e a unidade das artes en Fonseca

Valente e Chillida
Valente e Chillida

Pilar Sampedro. Para corroborar a frase de Valente: “Eu creo na unidade das artes”, a cátedra que leva o seu nome na Universidade de Santiago organiza a mostra na que se pode acceder ao diálogo entre a arte literaria e a plástica. Se facemos historia, podemos lembrar que foi a raíz do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa pola USC Seguir lendo Valente e a unidade das artes en Fonseca

Silencio e saúde

pexels-photo-2590589Fidel Vidal. O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Seguir lendo Silencio e saúde

Lembranza

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Xosé Manuel Lobato. Liberadas, tentan sobrevoar decorando unha bóveda gris de lilas místicas, ocres intensos, amarelos suaves, marróns murchos, vermellos difusos… son a gran comitiva de caducas no ar. Novembro, mes de excelencia outonal, na paradoxal decadencia floral, murcha o ánimo, emerxendo con intensidade os recordos en íntima comunicación coa saudade pretérita. Seguir lendo Lembranza

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXX. Polo de Medina

PoloDMedina copiaRomán Arén. Salvador Jacinto Polo de Medina (1603-1676), foi grande admirador de Francisco de Quevedo, quen inflúe de maneira decisiva na súa poesía xocosa e satírica. Natural de Murcia, cara a 1630 publicou Las Academias del jardín y el Buen Amor de las Musas, pero é coñecido, sobre todo, pola fábula mitolóxico-burlesca “Apolo y Dafne” (1634). Era sacerdote e foi secretario do bispo de Lugo, supomos que na Corte, pois non consta que coñecera Galicia. Cando fala de nós, fala de oídas e polo prexuízo que se nos ten na capital do Estado, pois os galegos, pobres, exercen os máis humildes oficios. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXX. Polo de Medina